ESTRATEXIAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
As medidas de atención á diversidade estarán orientadas a responder ás necesidades educativas concretas do alumnado, ao logro dos obxectivos da educación secundaria obrigatoria e á adquisición das competencias correspondentes, evitando a discriminación e contribuíndo a que todos e todas acaden as competencias mínimas para obter unha avaliación positiva. Creando actividades de reforzo para os alumnos con dificultades e actividades opcionais para alumnos de altas capacidades.
Aproveitaranse as vantaxes que proporciona traballar cun editor de recursos educativos como é como eXeLearning, nos permite diferenciar os tipos de actividades e xerar actividades de reforzo para os alumnos con dificultades específicas. Tamén podemos facer diferentes agrupamentos en función do progreso académico.
Salientar que os materias dixitais creados cumprirán as directrices de accesibilidade polo que se existen algún alumno con algunha discapacidade poderá acceder sen problema as actividades propostas. En todo o caso o profesor estará sempre atento a calquera dificultade que poida xurdir.
Fomentarase a utilización do aprendizaxe colaborativo propoñendo a utilización de foros e redes sociais educativas.