Saltar navegación

Exemplo

E aquí tes un vídeo que, aínda que non é expresamente musical dende o punto de vista tradicional, é unha instalación sonora creada por min mesmo e que forma parte do proxecto máis amplo chamado Oganscape.

Esta obra sonora utiliza múltiples motores de corrente continua para activar diferentes foles e crear unha paisaxe sonora de paxaros inspirada nalgúns recursos que tiñan certos órganos do barroco. E un traballo a modo de estudo robótico sonoro de mímese  ornitolóxica.

Aínda que estes autómatas teñen certa complexidade, podes buscar outros xeitos de aproveitar os movementos circulares dun motor de corrente continua. Anímate e pensa como se podería aproveitar este potencial para facer os teus robots sonoros usando motores DC.