CONTIDOS
Os contidos desta proposta, que se detallarán en profundidade para cada unha das Unidades no apartado E, están orientados a que os estudantes aprendan fundamentos de robótica a través dun plan de traballo que ten como suxeito a música e que se articula en seis eixes:
Computación física: gracias á aparición de plataformas de hardware libre de desenvolvemento, como Arduino, facilitouse a interacción entre humanos e ordenadores; agora non so podemos utilizar con facilidade sensores para enviarlles información se non que podemos conectar motores para que sexan os ordenadores os que interactuen co mundo físico. Neste proxecto utilizaremos tres tipos de motores que se utilizarán para crear diferentes tipos automáticos de instrumentos musicais.
Programación: usando tanto código como programación de obxectos visuais introduciremos aos alumnos no pensamento lóxico e computacional e nas estratexias a seguir para poder automatizar un proceso mediante a elaboración dun código, a comprobación do mesmo e a depuración dos posibles erros que poidan xurdir.
Non obstante facilitaranse programas realizados por nos listos para utilizar no caso de para facilitar o uso dos materiais no caso de que os profesores que os utilicen non queiran profundar nos aspectos de programación.
Mecanismos: coñecer os diferentes mecanismos de transmisión e transformación de movemento para empregalos nos como accionadores dos instrumentos musicais e realizar movementos que produzan diferentes sons. A partir da observación dos mecanismos presentes en instrumentos musicais clásicos e tradicionais e o seu funcionamento os alumnos elixirán e deseñaran un para empregar nos seus proxectos.
Materiais: o alumnado familiarízase cos materiais utilizados nas diferentes tecnoloxías e relacionará as súas características e propiedades de cara a construír os instrumentos musicais tendo en contas as súas propiedades sonoras.
Deseño de instrumentos ou obxectos sonoros: unha parte central do proxecto é o deseño de instrumentos musicais que non teñen porque responder aos instrumentos que habitualmente coñecemos. A creación de dispositivos sonoros nesta proposta se centra na experimentación partindo sempre da comprensión e coñecemento de como funciona un instrumento musical centrándose no proceso de produción sonora nas súas diferentes fases; acción / control / transformación / amplificación.
Composición musical: entendida como a organización de sons, que neste caso se articula coa utilización de patróns e secuencias que son controladas e programadas a través dun ordenador. Ao mesmo tempo, gracias ás posibilidades deste entorno dixital introduciranse coñecementos relativos a aspectos específicos da música contemporánea como é a música estocástica, a aleatoridade ou a composición algorítmica.