
Empezaremos aprendendo a controlar os movementos dun servo motor para poder desenvolver o noso primeiro prototipo de robot musical secuenciado con Pure Data.
Escollemos os Servos para comezar porque son os dispositivos mecánicos máis sinxelos de conectar a Arduino sen necesidade de ningún outro dispositivo, compoñente ou alimentación externa.
Tamén aprenderás xa a traballar con secuencias e patróns que controlen ritmicamente os movementos deste dispositivo para poder aplicalo sobre un elemento vibratorio e producir son de xeito controlado.
