A continuación podes ver e escoitar un exemplo dun sistema que utiliza varios solenoides para construír unha orquestra robótica de acompañamento.
Fíxate que ten varios solenoides no mastro da guitarra que está no chan para marcar as notas nos trastes, e outro que toca as cordas de xeito transversal.
Logo hai como un set de percusión moi básico con instrumentos como dúas Darbukas e uns boles metálicos.
Hell march arduino solenoid drums and bass| Muiota Betarho | CC BY | Youtube
Aínda que este sistema é bastante complexo, moitas veces o secreto está en, no lugar de facer unha cousa complicada, optar por varias sinxelas e poñelas xuntas.
Pensa que elementos poderías utilizar ti para percutir usando o movemento dos solenoides. Podes montar unha estrutura sinxela na que podas cambiar os obxectos que se percuten ata atopar o que te resulte máis interesante. Lembra que a base desta proposta é a experimentación, e, probando irás aprendendo e coñecendo os diferentes materiais e procesos.