Saltar navegación

Materias e cursos

MATERIAIS E CURSOS A QUE SE DIRIXE

Debido á versatilidade dos contidos e o carácter interdisciplinar desta proposta desenvolvida por un profesor de música e outro de tecnoloxía pódese utilizar nestas dúas materias en diferentes contextos e cursos de secundaria.

No relativo á materia de Música, e atendendo á proposta do Currículo básico da ESO, esta materia, entre outros fins, debe potenciar “o desenvolvemento de capacidades como [...] o pensamento matemático ou o coñecemento tecnolóxico e científico, que axudan á adquisición das competencias, ademais de procurar un ensino integral” centrándose na relación entre "Música e tecnoloxía" que “pretende abranguer o coñecemento e a práctica da interacción entre música e novas tecnoloxías. Estes aspectos teñen especial importancia debido á proximidade que as tecnoloxías teñen na vida cotiá do alumnado, polo que se pretende xerar unha vinculación entre a linguaxe tecnolóxica que utiliza habitualmente e a música dentro da aula”.

Estes contidos enmárcanse no Bloque 4. Música e tecnoloxías que aparece nos cursos 2º, 3º e 4º da ESO, podendo adaptar as actividades e contidos, total ou parcialmente, a calquera destes niveis.

Ó mesmo tempo proponse, dun xeito práctico a través da experimentación, o achegamento a nocións básicas de acústica tratando contidos como os parámetros do son (B1.1), os Instrumentos: características xenéricas e formais (B1.3), axudando tamén á discriminación auditiva dos tipos de instrumentos (B2.3), así como a coñecer diferentes prácticas musicais contemporáneas, no contexto da música actual: novas tendencias, centrándose naqueles estilos relacionados coa música electrónica e as súas variantes (B3.7).

No relativo á materia de Tecnoloxía, en termos xerais os alumnos aprenderán unha serie de técnicas e coñecementos que lle permitan satisfacer as súas necesidades persoais ou colectivas e que lles axuden a resolver problemas extensibles á sociedade actual facendo o traballo máis fácil. Neste caso estes beneficios so postos a disposición da música e da creación artística.

O proxecto relacionase directamente con varios bloques do Currículo de tecnoloxía tratando aspectos como Proceso de resolución de problemas tecnolóxicos (B1), onde os alumnos utilizaran o método de proxectos para levar a cabo as tarefas e realización dos prototipos propostos. Tamén entra dentro do bloque de contidos materiais de uso técnico (B3), xa que aplicaran nas tarefas propostas coñecementos de materias e das correspondentes técnicas construtivas. Esta proposta está moi relacionada co bloque máquinas e sistemas (B4) xa que traballaremos directamente con mecanismos de control e movemento dos instrumentos musicas onde os alumnos terán que facer unha aplicación directa dos seus coñecementos teóricos. Por último as cuestións relativas ás tecnoloxías da información e comunicación están presentes en todo momento xa que é necesario que utilicen ordenadores para levar a cabo as actividades, así como o pensamento lóxico e computacional porque terán que desenrolar programas que realicen as accións requiridas para controlar os instrumentos robotizados.