Saltar navegación

Secuenciando

É momento de empezar a traballar co noso secuenciador para controlar o servo e conseguir resultados máis rítmicos que poidamos manipular dun xeito musical.

Para que entendas como funciona imos empezar enviando so un dos valores entre o secuenciador e o servo; o valor de, a posición.

Secuecniador enviando valores de activación e posición a Arduino

Ampliar imaxe

Basicamente utilizaremos un secuenciador parecido ao que xa vimos na unidade anterior con algunha implementación nova.

Se te fixas na imaxe, a súa anatomía sería a seguinte: por un lado temos o metrónomo para controlar a velocidade dos pulsos (1) funcionando como o corazón do noso sistema. Estes pulsos pasan polo contador (2), no que podemos seleccionar cantos pasos ou pulsos queremos que teña a nosa secuencia. Á súa vez, cada pulso vai a unha porta ou spigot (3). Se esta está activada deixa pasar a información que contén ao servo que funcionarán como unha sinal de activación (bang) e un valor de posición (3).

Aquí introducimos un par de obxectos moi útiles cando queremos enviar información dun obxecto a outro sen ter que conectar cables e manter algo máis limpo o noso patch; os obxectos send e receive, que poderías abreviar como S ou R.

Cos send pulso e send position (4) enviamos eses datos aos obxectos receive pulso e position (5) conectados ao sistema de Arduino (6) que se configura como xa explicamos antes, escollendo o porto e o pin.

Podes descargalo aquí para facer diferentes probas e crear variacións ritmicas.

E por último este sería o secuenciador encapsulado  con algunhas implementacións para poder xerar variacións aleatorias sobre o ritmo inicial.

Podes descargalo aquí.

Animación secuenciador GUI

Lembra que se queres ver o interior do secuenciador basta con que fagas clic co botón dereito e escollas abrir.

USANDO O SECUENCIADOR

Este secuenciador é moi sinxelo e o utilizaremos tamén para o motor DC e o solenoide pero adaptado ás súas peculiaridades.

Aínda que é bastante intuitivo podes ver aquí algunhas pistas de como funciona.

Basicamente permite acendelo e apagalo, seleccionar entre 0 e 16 cantos pasos queremos que percorra, introducir variacións aleatorias neste valor, volver ao valor inicial, activar e desactivar os pasos nos que queremos que soe e, no caso do servo, controlar a posición ata a que queremos que se mova e a velocidade na que fai este percorrido.

Titorial do secuenciador GUIAmpliar imaxe

O ideal é que fagas probas e atopes as configuracións que te resulten máis interesantes xogando cos diferentes parámetros.

Se abres o contedor do secuenciador verás que basicamente é o patch que explicamos ao principio pero engadimos un obxecto máis chamado loadbang. Basicamente este obxecto envía un pulso nada máis o abrimos.

Neste caso ese loadbang activa uns obxectos de mensaxe que conteñen números. Deste xeito conseguimos que se cargue o valor 16 no número de pasos e o 200 no de velocidade nada máis executar o arquivo e antes de empezar a facer nada.

Se quixeras outros valores non terías máis que entrar en modo edición e modificalos ao teu gusto.