Saltar navegación

MOTORES DC

O seguinte dispositivo co que imos traballar son os motores de corrente continua que teñen algo de maior complexidade xa que, polas súas características, non os podemos alimentar directamente dende Arduino e precisaremos unha fonte externa.

Ademais tamén vamos necesitar un driver ou controlador que se sitúa entre o Arduino e o motor para poder non so activar o motor, se non tamén controlar o a velocidade e a dirección. Este tipo de controladores podemos fabricalos nos con algúns compoñentes básicos que atopamos na maioría de tendas de compoñentes electrónicos ou podemos compralos feitos e se chaman L298N.

Pero logo falaremos un pouco máis sobre estas posibilidades.

¿QUÉ SON OS MOTORES DE CORRENTE CONTINUA?

Os motores DC ou motores de corrente continua funcionan normalmente a base dun imán e un electroimán que mediante a alternancia de polaridade consegue que o eixo central realice un xiro cunha velocidade que dependerá da voltaxe que lle apliquemos, sempre e cando non excedamos a súa tolerancia, xa que se poden queimar.

Esta sería un esquema básico de como funcionan estes motores.

Animación motor DC

Motor DC| Lookang | CC BY-SA 3.0 | Wikipedia

Existen diferentes tipos con diferentes voltaxes, potencias ou mesmo algúns que inclúen unha sección de rodas dentadas para que o seu xiro chegue a velocidades realmente moi lentas cando queremos unha maior precisión.

Nos traballaremos cos máis básicos, aínda que se tes acceso a diferentes tipos é interesante que experimentes coas súas posibilidades xa que podes conseguir diferentes resultados que poidan ser interesantes na creación dos teus dispositivos sonoros.

Nesta práctica traballaremos cun modelo sinxelo de 6v como o que podes ver na seguinte imaxe.

motor