INTRODUCCÓN. ROBOTS E AUTÓMATAS NA HISTORIA E NA CULTURA
Empezaremos cunha introdución sobre a robótica en xeral atendendo ás implicacións que ten no desenvolvemento social e cultural contemporáneo para logo pasar á estudar a súa relevancia no ámbito da música e da creación sonora.
Contidos
1.1. Robots e autómatas
1.2. Historia e cultura
1.3. Cuestionario
Criterios de Avaliación
Entender e coñecer a evolución dos robots, así como as diferentes tipoloxías e as súas peculiaridades.
Achegarse dende unha perspectiva de pensamento crítico á función e sentido que teñen os robots na cultura e na sociedade actual así como reflexionar sobre os retos e posibilidades que ofrecen para o futuro.
Descubrir, a través dun percorrido histórico, o uso de sistemas mecánicos, automáticos e robóticos no ámbito da creación musical.
Coñecer diferentes proxectos musicais actuais que utilizan sistemas robóticos, así como as investigacións en curso sobre esta materia.
Valorar o coñecemento interdisciplinar, non so no contexto da arte, se non tamén no da ciencia e a tecnoloxía.
Estándares de aprendizaxe
Comprende que son os robots e os autómatas e as súas peculiaridades e coñece as diferentes partes que interveñen nun sistema robótico.
Pode buscar información de xeito autónomo sobre aspectos relacionados coa robótica en xeral e coa robótica musical en particular.
É capaz de facer comentarios e reflexións críticas sobre a tecnoloxía e a súa relación co ámbito artística en xeral e co musical en concreto.
Competencias clave (de acordo co apartado de competencias)
CCEC / CCL / CSC
Obxectivos (de acordo co apartado de obxectivos)
A / D / G / J / L