ALTERNATIVAS
Se por calquera razón non conseguiches que te funcionaria a versión anterior mediante a interface gráfica na que aparece representado o Arduino, non te preocupes. Iso non significa que cometerás un erro. Ás veces ten que ver máis con outras cuestións como a versión do Linux que teñas e a versión de Pure Data que instala o Terminal para esa distribución.
Vamos usar outro sistema máis sinxelo para comprobar se funciona correctamente.
Alternativa para o LED
Descarga este patch e ábreo con PD. A continuación fai o seguinte:
1. Facemos clic en devices.
2. Comprobamos en que porto está conectado o noso Arduino. No exemplo é no dous, pero podería estar noutro.
3. Poñemos o número que corresponde á porto na caixa numérica. Pode que te de algún erro no terminal en roxo tipo: [comport] ** WARNING ** port #3 does not exist! (max == 2). Iso significa que te equivocaches de porto, pero non pasa nada, simplemente volve a meter o número.
4. Fai clic na caixa de mensaxe pinMode.
5. E xa podes probar a activar e desactivar o LED da placa de Arduino facendo clic no interruptor (toggle).
Non te preocupes se non tes moi claro o que está acontecendo. Máis adiante regresaremos sobre isto e entraremos algo máis en profundidade sobre que significan todas estas caixas e mensaxes.
Alternativa para o Servo
Aquí primeiro temos que conectar o servo seguindo o esquema que xa vimos. no apartado correspondente.
Lembra que para conectalo, como expliquei no apartado anterior, o ideal é utilizar un jumper ou cable de protoripado.
Agora o proceso é o mesmo, so que o patch é diferente. Descarga este outro patch de PD e proba a facer clic sobre a barra e, sen soltar desplazar á dereita e á esquerda para comprobar que o servo se move.