Saltar navegación

Probando cun LED

PROBANDO CUN LED

A continuación vamos comprobar que Arduino e Pure Data se falan entre eles. Vou explicar dúas opcións de facer esta proba.

¿Por que dúas formas alternativas?

Porque dependendo a versión de Linux na que esteas traballando esta primeira opción que usa unha interface virtual pode dar algún problema. Se ves que non responde ven tal e como se indica nas instrucións non te preocupes, pasa á opción alternativa que debería funcionar sen problema.

O primeiro que faremos é conectar a nosa placa Arduino ao ordenador, como xa vimos na unidade anterior, e abrimos o arquivo que se chama arduino-gui.pd que está no /cartafol de PDuino dentro do /cartafol de PD e de /Complementos (/Externals).

Para abrilo podes facelo con dobre clic sobre este mesmo arquivo ou indo en PD a /Arquivo (/File), /Abrir (/Open) e, navegando ata a carpeta na que se atopa este arquivo, darlle a /Abrir (/Open). 

Abrindo o exemplo de PDuino que inclúe unha simulación da placa

Isto abrirá en PD unha interface na que vemos unha representación de Arduino con todos os portos e que, polo de agora, será moi útil para comprobar se podemos falar con el e pedirlle que faga cousas.

O seguinte é dicirlle que queremos que se conecte con Arduino. Temos que facer clic no deseño da placa, onde pon <select device>, e se abrirá un menú onde buscaremos a nosa placa.

Seleccionando a nosa placa dende o menú do GUI de Pduino

Opcións que aparecen no menú

Na parte superior debería estar en verde e dicir Firmware ok. Se non vai á primeira proba varias veces.

Comprobación de que carga a nosa placa corectamente

Tamén pode que aparezan varios dispositivos. Se non recoñeces o Arduino podes probar ata que se poña en verde. Lembra tamén que é importante que estea pechada a IDE de Arduino para que o porto non estea ocupado. Se a tiñas aberta mellor pecha todo e volta a abrilo.

Agora facemos clic no recadro que está ao lado do pin número 13 e aparecerá outro pequeno menú no que temos que escoller o modo saída (/Output)

Selección de modo OUTPUT no pin 13

Se te fixas na placa, mentres fas clic enriba do número 13 verás que na pantalla aparece arriba (/High) e abaixo (/Low) en vermello. O que estás facendo é  enviarlle á luz da placa, por defecto conectada a ese pin 13, a orde de prenderse e de apagarse.

Activación e desactivación do pin 13 para ver como responde o LED interno da placa

Animación que amosa como responde o LED ante o noso control dende Pduino