Pure Data, abrebiado PD, é unha linguaxe de programación visual que, a diferencia de outras, como a de Arduino que viches no apartado anterior, non se basea en liñas de código, se non que foi creada a partir do paradigma das caixas interconectadas por medio de cables virtuais. Cada arquivo con conexións coñecese como patch, que viría sendo un conxunto de obxectos que crean unha función.
PD foi creado pensando na música composta por ordenador e no deseño sonoro, sendo un entorno aberto que permite experimentar buscando novas sonoridades que non se podían crear doutro xeito, ou ofrecendo a posibilidade de sintetizar e recrear dixitalmente sons acústicos preexistentes.
Outra gran vantaxe de Pure Data é que se trata dun entorno libre e aberto, o que facilita que moita xente arredor do mundo traballe no desenvolvemento de novas funcións a través de externals, librerías, etc. que se poden instalar ampliando e facilitando moitas das súas funcións.
Na seguinte unidade veremos algo sobre a programación con PD, pero, incluso, se non queres aprender demasiado de programación poderás usar algúns exemplos para controlar os motores e crear os teus robots musicais.
Non obstante, sempre é interesante entender o que está facendo o programa para poder modificalo e alteralo ao teu gusto, e para que o podas facer, no caso de que te interese, explicaremos na seguinte unidade algunhas das claves de como funciona esta linguaxe atendendo á súa anatomía e códigos polos que opera.