Saltar navegación

Novos instrumentos

NOVOS INSTRUMENTOS

Se ben todo o comentado anteriormente e moi interesante e da moito que pensar sobre a gran cantidade de instrumentos musicais e posibilidades sonoras que existen, e como podemos, dentro da súa inmensidade, adscribilos a unha serie de categorías e subcategorías, isto non é determinante para o noso propósito.

Nesta proposta didáctica interésanos especialmente entender como podemos concibir un instrumento musical e analizar as súas partes, a súa anatomía.

Para isto é recomendable que busques instrumentos diferentes dos que ves habitualmente e descubrirás que en outras partes do mundo usan algúns, que se ven poden estar emparentados cos que xa coñeces, teñen unha serie de peculiaridades que os fan diferentes ou especiais. Incluso atoparás instrumentos creados partindo de ideas novas, a veces como pequenos experimentos, a veces como un proxecto que quere innovar creando todo un corpus musical novo, ferramentas feitas para pensar unha nova música.

Este é o caso, por exemplo, dos irmáns Baschet que crearon unha serie de instrumentos/estruturas/esculturas musicais coa idea de conseguir novos sons dirixidos sobre todo á creación da música contemporánea.

Detalle de varios instrumentos construídos polos irmáns BaschetInstrumentos Baschet | CC BY 2.0 | Jean_Pierre Dalbéra

Aquí podes ver un rexistro histórico dunha breve interpretación con algúns dos instrumentos da súa colección.

Les Structures Sonores Lasry Baschet| INA | CC BY NC SA | Archive.org

Quizás un dos máis coñecidos sexa o que está feito partindo de barras de vidro de diferentes lonxitudes que dan múltiples notas cando as fretamos logo de mollar os nosos dedos. Ademais este instrumento, coñecido como o Baschet de Cristal, leva engadidos unha serie de resoadores que modifican e amplifican o seu fermoso son.

Detalle do instrumento feito con barras de cristal polos irmáns Baschet

El Baschet de Cristal CC BY 2.0 | Jean_Pierre Dalbéra

Este instrumento en realidade é unha evolución de algo tan sinxelo como o son que se produce se pasamos a punta dun dedo polo borde dunha copa fina logo de mollalo. Seguro que viches a xente facendo música con moitas copas que no seu interior teñen diferentes cantidades de líquido para que emitan varias alturas, algo similar ao que podes ver na seguinte imaxe.

Muller interpretando música na rúa cun set de copas de cristalIntérprete de música tocando na rúa un set de copas de cristal | Dominio Público | Wikipedia

Tamén existe unha versión desta idea un pouco diferentes e máis complexa que se axuda dun pedal para activar un mecanismo rotatorio que fai xirar as copas colocadas unhas dentro doutras. Este instrumento se coñece como a Harmónica de Cristal e foi creada por Benjamin Franklin, quen pasou á historia non tanto por este instrumento como por ser o político que deu forma á idea de EE.UU como nación, pero sendo ao mesmo tempo un apaixonado inventor aficionado á ciencia e á tecnoloxía.

Modelo mecánico de Harmónica de cristalHarmónica de Cristal| Dominio Público | Wikipedia

¿Deberíamos crear unha nova categoría de Cristalófonos para este instrumento dentro de clasificación Hornbostel-Sach? Realmente podería entrar dentro dos Idiófonos aínda que hai voces que reclaman que hai diferencias importantes para reconsideralo nun epígrafe separado.

Por mencionar outro exemplo de creadores de instrumentos musicais, temos as creacións de Harry Partch, quen desenvolveu un interesante traballo con divisións inferiores ao semitón, sendo uns dos primeiros de traballar co que coñecemos como microtonalidade dentro da música contemporánea occidental, algo que si ben o atopamos en músicas doutras culturas, se perdera coa estandarización do noso sistema musical académico occidental. Co fin de recuperar este material sonoro Harry Partch creou diferentes instrumentos que lle permitían experimentar con estas recuperadas escalas.

Grupo de intérpretes musicais con instrumentos creados por Harry PartchOrquestra incluíndo diferentes instrumentos creados por Harry Partch| CC BY-SA 2.0 | Wikipedia

Aquí podes ver unha breve interpretación histórica con estes instrumentos co alumnado do Mills College gravado en 1950.

Harry Partch no Mills College| Dominio Púiblico | Archive.org