INSTALANDO PURE DATA

Como fixemos con Arduino IDE, imos centrarnos na instalación en Linux. En calquera caso, se precisas instalalo noutros sistemas operativos podes atopar os paquetes de descargar neste link. Como podes comprobar non existe un paquete de Linux xa que se pode instalar directamente utilizando o modo terminal do noso sistema operativo, o que fai o proceso aínda máis sinxelo.
Nos instalaremos o PD básico, coñecido como PD-Vanilla e PDuino, que é unha librería que permite a PD comunicarse coa nosa placa de Arduino sempre que teña instalada a Standard Firmata.
O primeiro que temos que facer é abrir de novo o terminal.


Lembra que para poder instalar programas tes que entrar como administrador (root). Se non aínda non o estás podes cambiar de usuario coas seguintes liñas de código, lembrando sempre que precisas coñecer a palabra chave.
su - root


Cando cho solicite, Introduces a palabra chave, clic en enter, e xa tes privilexios para poder instalar, neste caso o PD. Lembra que cando escribes a palabra chave non aparece na pantalla por seguridade, pero funcionará igual.
Agora veremos as liñas de código para a instalación. Primeiro escribimos:
sudo apt update
Cando remate este primeiro proceso xa podemos pedirlle que instale o PD escribindo.
sudo apt install puredata
Se te pide confirmación [S/N] dille que si (S), e cando remate de instalalo debería aparecer no menú de /Aplicativos dentro do submenú de /Son e Vídeo.

Xa o podemos abrir facendo clic. Se é a primeira vez que o abres pode que te pregunte se queres crear unha carpeta na que gardar todas as librerías. Dirémoslle que si e xa estamos dentro. No caso de que non te de ha opción de creala automaticamente teremos que creala a man. É moi sinxelo, so temos que ir á ruta Home/Usuario/ e creamos unha carpeta que se chamará Pd e dentro desta (Home/Usuario/Pd) crearemos outra que se chame externals.

O primeiro que vemos é unha venta coñecida como terminal onde PD se irá comunicando con nos para dicirnos o que está acontecendo e se hai algún erro. Pode que te de algunha mensaxe de inicio sobre prioridade, pero non te preocupes. Simplemente é unha notificación.
