Saltar navegación

Instalando Externals

INSTALANDO EXTERNALS

Agora, para poder traballar con Arduino temos que engadir dous elementos, o protocolo chamado Comport e o external Pduino.

Para instalar o Comport so temos que ir de novo ao noso terminal e escribir:

sudo apt install pd-comport

Instalando a extensión Comport dende o Terminal de Linux

No caso de Pduino o podes descargalo dende o seu repositorio de Github neste vínculo.

Descargando Pduino de github

Tamén o podes descargalo directamente neste outro vinculo, pero sempre é interesante que revises o repositorio de Github por se hai algunha versión nova.

Logo o descomprimimos no noso cartafol de Externals dentro do cartafol de PD. Se por algunha razón non existira este cartafol terás que crealo ti a man.

Cartafol externals

Xa co noso Pduino descomprimido queda pouco para ter todo preparado e poder empezar a traballar; temos que dicirlle a PD onde pode atopar esta nova librería. Para isto abrimos no terminal de PD o menú /Arquivo (/File) e imos a /Preferencias, (/Preferences) e /Ruta (/Path) e se abrirá unha nova ventá. Aquí dámoslle a  new.

Ruta para recoñecer Pduino

Seleccionamos o cartafol de Pduino navegando na ventá emerxente a través das carpetas e facemos clic no botón ok na ventá emerxente, logo en apply na principal e por último ok, despois do que se pechará.

Opción aberta para indicar as rutas

Se queres comprobar que todo está ben podes volver a abrir a ventá de path e debería aparecer algo similar a isto dependendo a ruta no teu ordenador.

Comprobación ruta Pduino

Agora toca pechar Pure Data. É recomendable reiniciar o ordenador, e xa poderías abrir PD de novo para comprobar que todo funciona ben.

Tamén é importante que non teñas abertos PD e Aduino ao mesmo tempo porque pode haber un conflito de portos e vaite dar problemas para que funcione correctamente.

Escolle as respostas correctas

Pregunta

¿Qué é a StandardFirmata?

Respostas

Un programa que se executa en Pure Data

Outro nome co que se coñece  a Arduino

Un programa que se carga en Arduino para comunicarse con Pure Data

Un obxecto de Pure Data creado según os estándares de Arduino

Retroalimentación