
Verás que o código que controla o LED na parte final indica
void loop() {
digitalWrite(LED_BUILTIN, HIGH);
delay(1000); // wait for a second
digitalWrite(LED_BUILTIN, LOW);
delay(1000);
}
Loop quere dicir bucle e é unha orde que lle indica a Arduino que execute indefinidamente o que estea entre as chaves. Está pedíndolle a Arduino que faga tres cousas, acender o LED, esperar e apagalo, e que repita isto constantemente.
¿Que acontece se aumentas o valor (milisegundos) do Delay?
Se es das persoas ás que lles gusta experimentar podes simplemente probar a cambiar este valor, cargar de novo o programa e comprobalo na práctica.