Saltar navegación

CONFIGURANDO

Debuxo de cabeceira

Nesta unidade imos a familiarizarnos co material que necesitaremos manexar e instalar co obxectivo de crear os nosos instrumentos e poder controlalos.

En canto ao software que utilizaremos, trátase basicamente do Arduino IDE e de Pure Data. En canto ao hardware centrarémonos na placa Arduino UNO e en tres tipos de motores: servos, motores DC (de corrente continua) e solenoides, dos que falaremos en profundidade na seguinte unidade.

A Arduino IDE ten a función de poder programar o micro-controlador Arduino para dicirlle que funcións queremos que faga e como queremos que as desempeñe.

Pure Data, pola súa parte, é un sistema de programación visual orientado á creación e á experimentación musical. Aínda que ten a capacidade de sintetizar e xerar son de seu, aquí non utilizaremos esas posibilidades. No caso de que teñas interese nese o noutro aspectos da creación dixital utilizando este software podes visitar este outro material. No presente proposta Pure Data servirá para controlar o fluxo de eventos dun xeito musical, pero o son o producirán instrumentos ou obxectos acústicos.

Cando traballamos normalmente con Arduino IDE manexamos liñas de código, o que, aínda que é moi versátil, de entrada resulta menos intuitivo que outros sistemas, como é o caso de Pure Data, no que se programa utilizando un protocolo visual de caixas conectadas mediante cables virtuais, o que, polo xeral, é moito máis fácil de asimilar.

Ademais, como Pure Data está pensado coa creación musical en mente, é especialmente idóneo, como verás, para o desenvolvemento deste proxecto.

Nos próximos apartados explicaremos como instalar Arduino IDE, no caso de que non o teñas xa preinstalado no teu ordenador, como cargarlle a Standard Firmata, para facilitar a comunicación, como instalar Pure Data e como comunicalos para empezar a desenvolver os nosos proxectos.

Nun apartado final faremos unha pequena introdución xeral a como funcionan os instrumentos musicais de cara a que podades crear os vosos propios dispositivos sonoros co fin de mecanizalos e construír un ensemble de robots musicais. Non pretende ser unha lección sobre os instrumentos musicais, se non propoñer unha serie de ideas e reflexións sobre o mundo da organoloxía.