COMPROBANDO
Se queremos comprobar que a comunicación se estableceu correctamente podemos probar a cargar o famoso exemplo de blinking led que fai pestanexar unha das luces que incorpora a placa.
Para elo imos ao menú de Arquivo (/File), abrimos Exemplos (/Examples), Básicos (/01.Basic) e abrimos /Blink.
Non te preocupes polo código que aparece, non tes porque entendelo, só é para que comprendas o proceso para cargar en Arduino os programas. Logo, nos imos traballar principalmente con outro programa en canto teñamos instalada a Firmata que explicarei no seguinte paso.
Agora que xa temos aberto o código o cargamos na placa facendo clic no botón que está na parte superior [1] esquerda cunha frecha (Upload) e verás que na parte inferior indica como evoluciona o proceso [2].
Se todo saíu ben, logo de compilar debería poñer Done uploading e non dar ningún erro. E na placa deberíamos ver unha serie de secuencias de acendido nos LEDs mentres carga o código para, finalmente, quedar capelexando intermitentemente a pequena luz que pon L (LED) que ten integrada.
Agora imos ver un momento como xogar con esta luz.