Saltar navegación

Probando cun servo

PROBANDO CUN SERVO

Se tes un servo a man tamén podemos probar se o conseguimos controlalo dende esta mesma interface dun xeito similar.

O primeiro sería conectar o servo a Arduino. Como verás ten tres cables. Dependendo do modelo pode ter diferentes cores, pero normalmente son marrón ou negro, vermello e laranxa. O Vermello é o que lle da enerxía ao servo para que funcione e terá que ir ao pin de Arduino que pon 5V, o negro é a terra e ten que ir conectado ao ground (GND) e o laranxa é o que serve para enviarlle os datos de control e dicirlle como queremos que se mova. Neste caso imos utilizar o mesmo pin que utilizamos para o LED na proba anterior.

Esquema no que se amosa como conectar os cables do noso servo aos pines de Arduino

Para conectalo servo o ideal é utilizar o que se coñecen como jumpers. Isto son uns cables que xa veñen coas puntas preparadas como entrada ou saída. Neste caso o Servo e Arduino teñen entradas polo que debemos utilizar un jumper con picos ou saídas.

Jumper para servo

Logo imos de novo ao menú que aparece ao lado do pin 13 na representación de PD e cambiamos a opción que tiñamos de Output pola de Servo.

Seleccionando a opción servo dende o menú do pin 13

De novo nos colocamos sobre o número do pin 13 e facemos clic e mantemos pulsado mentres movemos cara arriba e abaixo, e veremos que agora, en lugar de High e Low aparecen valores entre 0 e 1 e comprobamos como o servo se move.

Controlando a posición do servo dende a interface de Pduino

Animación que amosa como é controlado o servo dende o noso Pduino

Escolle as respostas correctas

Pregunta

¿Cal das seguintes cores se utiliza habitualmente para indicar a conexión a Terra (Ground)?

Respostas

Vermello

Amarelo

Negro

Laranxa

Morado

Retroalimentación

Pregunta

¿En qué pin de alimentación de Arduino temos que conectar o cable roxo do noso servo?

Respostas

No de 3.3 voltios

No de 5 Voltios

No que pon GND

Retroalimentación