Saltar navegación

Firmata

CARGANDO STANDAR FIRMATA

A Standard Firmata é un protocolo xenérico que podemos instalar na nosa placa e que nos da acceso a todos os seus portos e conexións para que a poidamos controlar dende outros programas que teñamos instalados no ordenador.

Isto nos facilita o traballo xa que, aínda que é moi interesante e enriquecedor aprender a programar en Arduino, non é a intención destes materiais e existen moitos titoriais nos que se explica como facelo.

Non obstante veremos algún pequeno exemplo para que entendades como funciona, aínda que a parte máis complexa do traballo a faremos, como xa expliquei, dende Pure Data.

Agora que xa temos a comunicación establecida entre o IDE e a placa temos que instalar a Firmata. Para facelo imos ó menú Arquivo (/File), logo a exemplos (/Examples), a continuación /Firmata e escollemos StandardFirmata.

Instalado Standard Firmata

Con ela aberta facemos o mesmo proceso que realizamos co exemplo de Blink; clic na icona da frecha que está na parte superior esquerda (Upload)  comprobamos na esquina inferior esquerda que cargou correctamente e non nos deu ningún erro.

Cargando Standard Firmata

A partir de agora, cada vez que prendamos o Arduino este será o programa que executará por defecto ata que carguemos un novo.

Xa podemos pechar polo de agora a IDE e imos pasar a traballar en Pure Data.