Saltar navegación

Actividades

 

1. O 14 de xaneiro de 1738 o cabido compostelán dispón que se “prevengan materiales para la obra del espejo y torre que mira a la plaza del Hospital”, debido a “la rruina que padece el espejo y à la falta que hace la torre por la ygualdad con la otra”. O texto citado polo gran historiador compostelán López Ferreiro, refírese á urxente necesidade de reformar a fachada occidental da catedral na praza do Obradoiro. Neste debuxo de mediados do século XVII, podes ver como era nese momento a catedral

Compáraa coas fotos do Obradoiro que reproducimos. Que modificacións atopas? Cal era o estado das torres? Fíxate tamén nas fiestras do edificio. Explica as diferenzas.

2.  En que outros lugares aparecían a estrela e a urna?. Investiga quen son Atanasio e Teodoro. Trata de localizalos na fachada usando LDP. Que papel xogan na translacións dos restos do apóstolo?
3. Amplía co zoom LDP. Fíxate no Santiago peregrino que coroa o conxunto. Vai vestido de peregrino, co báculo ou bordón. Fíxate que leva unha cabaza pendurada del para a auga. O sombreiro é de ala ancha cunha vieira debuxada. Completa ti a descrición. Leva esclavina? E zurrón? Que leva na outra man?

4. A Torre da Carraca, situada na parte esquerda da fachada e feita a imitación da das Campás foi empezada por Peña de Toro no século XVII. O nome da primeira deriva do instrumento que albergaba, utilizado durante a Semana Santa para chamar aos fieis á oración. Esta tradición perviviu en moitas parroquias de Galicia.Investiga este feito. Que día da Semana Santa se utilizaban? Cal era a súa función? Que outras utilidades tiñan as carracas ademais do uso relixioso? Na páxina http://www.consorciodesantiago.org/sites/default/files/20120320_la_carraca_small.pdf tes información sobre a vella carraca da catedral, sobre os seus usos e sobre a súa restauración. Hai moita información pero vendo as fotos simplemente e os esquemas daste de conta de como funciona.

5. Os temas decorativos empregados na fachada son os propios do barroco, desde acios e grilandas ata as enormes volutas situadas á altura da entrada, nas zonas cóncavas que marcan a transición entre a parte central e os laterais. Aparecen tamén os temas xacobeos (cunchas, cruces de Santiago...) e militares (trofeos, cascos, escudos, armaduras, bandeiras...) Particularmente elaborada é a ornamentación dos remates, tanto na espadana central como na culminación das torres, onde o traballo da pedra alcanza calidades propias da ourivería. Intenta buscar con LDP algúns dos motivos dos que falamos. Trata localizar estes tres

5. A Praza do Obradoiro, como sabes, chámase así porque ao pé da catedral estaba o obradoiro dos canteiros que construían a fachada, pero antes chamouse Praza da Trindade, pola porta dese nome, unha das sete que tiña a cidade de Compostela. Noutro momento denominábase aínda Praza do Hospital. Trata de coñecer por que.

       

Canteiros traballando no claustro                                                                              

6. Valorade a fachada no seu conxunto, pensando se predomina ou non a riqueza ornamental sobre a propia estrutura. Comparade as torres do Obradoiro coa do Reloxo realizada por Andrade. Que semellanzas e que diferenzas vedes?

7. Neste vídeo realizado cunha especie de dron sobrevoando tanto o interior coma o exterior da catedral podes contemplar unhas vistas espectaculares dalgúns lugares dos que falamos. Comenta as que che impresionaron máis.