Saltar navegación

Actividades

 

1. Que outras obras fixo Domingo de Andrade? De onde era? Cantos anos tiña cando fixo a Torre do Reloxo? Busca información sobre el.

2. Despois do que expuxemos na unidade, cres que se lle debe seguir a chamar a Berenguela?

3. Contan as crónicas que nos albores do cambio de milenio, no ano 997, Almanzor arrasou a igrexa prerrománica de Santiago e cóntase tamén, entre outras narracións, coma a de que lle deu de beber ao cabalo nunha pía de auga bendita, que obrigou aos cristiáns a levar as campás da catedral ata Córdoba para serviren de lámpadas na Mesquita. As versións sobre este feito e sobre a súa recuperación varían duns autores a outros. Debes ler por tanto esas historias  cunha certa cautela. Daquelas outras primitivas campás que pagara o rei de Francia para a Torre do Reloxo, das que falamos antes, non sabemos. Si que sabemos que a gran campá, chamada tamén "A Berenguela", é da primeira metade do século XVIII e permaneceu na torre ata finais do século XX. Agora, coas outras máis pequenas que a acompañaban, atópanse no claustro catedralicio. Como ves son moitas as historias sobre campás da catedral, e quedan aínda algunhas por contar. A campá simboliza a voz de Deus, resoando por enriba dos tellados da cidade. Convoca aos fieis á oración e se é o caso, fai fuxir demoños e tempestades.

Tes información sobre elas na páxina da Wikipedia http://es.wikipedia.org/wiki/Catedral_de_Santiago_de_Compostela. Anota en que data se fixeron, cando pesan e por que motivo están agora neste lugar.

4. O reloxo foi feito polo reloxeiro Andrés Antelo Lamas. Nesta páxinas tes información sobre el: http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/53410. Que outras obras fixo?

5. Como son os templetes, ocos ou macizos? Cantas bandas verticais contas na fachada de Praterías? Cal cres que é a súa función?

6. Nestas dúas fotografías trata de atopar os seguintes elementos decorativos: sartas de froitas, carautas, vieiras, cruces xacobeas, motivos militares, ménsulas.

Se é necesario podes ver outras perspectivas desde http://www.turgalicia.es/fotos/IMAGENES/FLASH/ARQUITECTURARELIGIOSA/vtour_santiago/index.html (Cubertas).

7. Na base da Torre do Reloxo Domingo de Andrade situou seis apóstolos. Dous deles (San Pedro e Santiago) pódense ver desde a páxina de Tour Virtual (http://www.turgalicia.es/fotos/IMAGENES/FLASH/ARQUITECTURARELIGIOSA/vtour_santiago/index.html)

Utiliza o zoom da páxina e trata de localizalos ti.

8. Averiguade a que se refire o título da novela de Suso de Toro "Trece badaladas". Se podedes lédea.