2. CRIPTA
Antes de proceder a estudar os seguintes elementos da catedral, é preciso unha breve explicación da ferramenta Libro de Pedra
Libro de Pedra. Museo. Instrucións
CRIPTA
Podes acceder a ela no Libro de Pedra desde "Museo da Catedral"/B. Chamada tamén "Catedral Vella". Xa nos referimos a esta obra do Mestre Mateo e ás súas bóvedas de aresta, sobre a que se ergue o grandioso Pórtico da Gloria. A cripta simboliza o mundo terreal, por iso precisa ser iluminada polo sol e pola lúa, fronte á nova Xerusalén celestial que non precisa deles, "porque a ilumina a Gloria de Deus, e a súa lámpada é o Año", situado na clave, enriba da tribuna do Pórtico.
![]() |
![]() |
Nos capiteis, obra tamén de Mateo, hai figuras híbridas con corpo de ave e cabeza de muller, monstros, formas vexetais, unha danzarina ergue a saia e amosa unha pata de pau... Os praceres e tentacións do mundo, o pecado que o home debe saber superar para acadar a gloria de Deus.


