Saltar navegación

5. PANTEÓN REAL

Na Capela das Reliquias ou Panteón Real están enterrados algúns dos reis, raíñas e nobres composteláns: Dona Berenguela, muller de Afonso VII, futuro emperador, criado polo Conde de Traba, que tamén está enterrado aquí; o rei Fernando II, que lle encarga o Pórtico a Mateo; o seu fillo Afonso IX, con quen se consagra a basílica; Xoana de Castro, casada con Pedro I o Cruel ( se mirades a súa biografía entenderedes o por que do sobrenome)...

Quizais unha das tombas máis relevantes sexa a de Fernando II, probablemente feita pola escola de Mateo. Represéntase durmindo un soño apracible, cun manto cicelado con finas orlas e un rostro de gran expresividade.

Tanto a Capela das Reliquias coma a contigua de San Fernando ou do Tesouro están cubertas con fermosas bóvedas estreladas.

No 3º andar gárdanse vestiduras e obxectos litúrxicos, pezas de acibeche, así como tapices realizados a partir de cartóns de Goya...