Saltar navegación

6. Glosario

A

  • Abiótico

Factor físicoquímico dun ecosistema, como a temperatura, cantidade de auga, presión, salinidade, luz...

  • Abrasión

Desgaste mecánico das rochas debido ao rozamento dos materiais transportados polas correntes de auga, o vento e os glaciares.

C

  • Ciclo das rochas

Proceso polo que unha rochas se transforman en outras pola acción dos axentes xeolóxicos externos e internos.

  • Codia continental

Capa rochosa máis externa debaixo dos continentes e na plataforma continental, cun grosor entre 25 km e 70 km.

  • Codia oceánica

Capa rochosa máis externa debaixo dos océanos, máis delgada que a continental. Pode chegar aos 10 km.

  • Competición

Tipo de relación entre seres vivos que viven xuntos ante un recurso limitado.

  • Cooperación

Tipo de relación intraespecífica que consiste na conviven en grupos de seres vivos da mesma especie con relacións de parentesco ou sen elas, o que favorece a supervivencia desa poboación.

  • Correntes convectivas

Movementos de fluídos por diferenzas de temperatura

D

  • Desertización

Proceso de degradación dos solos que transforma terra produtiva en estéril.

  • Depredación

Relación interespecífica en que un animal (depredador) mata outro (presa) para alimentarse del.

  • Descontinuidade sísmica

Zona do interior da Terra en que hai unha variación brusca da velocidade das ondas sísmicas.

  • Diaxénese

Proceso polo que sedimentos soltos se compactan e cementan, dando lugar a rochas sedimentarias ( tamén se denomina litificación)

  • Dorsais oceánicas

Elevacións volcánicas submarinas

E

  • Ecosistema

Unidade ecolóxica formada por un conxunto de seres vivos (biocenose) que conviven nun lugar determinado (biótopo) e as relacións que se establecen entre eles e co medio en que viven.

F

  • Fumarola

Emisións de vapor de auga e gases a altas temperaturas.

G

  • Geyser

Fonte termal que libera periodicamente unha columna de auga quente e vapor de auga.

I

  • Isostase

Equilibrio que se establece entre a litosfera e a astenosfera, xerando movementos verticais na superficie ata alcanzalo.

L

  • Litificación

Mecanismo de formación de rochas sedimentarias (ver diaxénese)

M

  • Mutación

Alteración ou cambio na información xenética (ADN) dun ser vivo. Prodúcense de xeito súbito e ao chou, e pódeselle transmitir á descendencia.

  • Mutualismo

Relación interespecífica que lle achega un beneficio a cada un dos seres vivos asociados.

P

  • Parasitismo

Relación interespecífica en que un ser vivo (parasito) vive ás expensas de outro (hóspede), producíndolle un dano.

  • Poboación

Conxunto de seres vivos da mesma especie que viven nun lugar determinado.

Q

  • Quimiosíntese

Mecanismo de nutrición autótrofa en que os seres vivos que a realizan obteñen a materia e a enerxía por oxidación de substancias inorgánicas.

R

  • Rift-valley

Val da litosfera que se forma polo pulo de material fluído procedente do manto. Atópase no medio das dorsais.

S

  • Simbiose

Relación interespecífica similar ao mutualismo, pero neste caso a relación entre os dous seres asociados é tan estreita que ambos os organismos non poden vivir por separado.

X

  • Xelifracción

Proceso de meteorización física que consiste na fractura da rocha polas tensións que se producen ao conxelarse auga que entra nas fendas.

Z

  • Zona de subducción

Zona de choque entre dúas placas onde a máis densa (oceánica) se introduce por debaixo doutra (xeralmente continental) menos densa.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0