Saltar navegación

2.5.2 Probas da evolución

As probas da evolución están baseadas en diversas disciplinas:

  • Paleontoloxía. Permite reconstruír a historia evolutiva dunha especie a partir dun antepasado común, mediante formas fósiles intermedias.
  • Anatomía comparada. Consiste en comparar a forma corporal de especies distintas, atopando indicios anatómicos dun antepasado común respecto ao que variaron ao longo do tempo.
  • Embrioloxía. Fundaméntase en que todos os vertebrados, nos seus primeiros estadios embrionarios, son moi semellantes entre si. Deste xeito, o desenvolvemento embrionario reflicte o desenvolvemento evolutivo.
  • Bioloxía molecular. Todos os seres vivos presentan uniformidade na composición química e no metabolismo celular. Canto máis próximas evolutivamente sexan dúas especies maior similitude terán a nivel molecular.

 

 

Actividade resolta

Procure información sobre os órganos homólogos e indique algún exemplo. Que proban?

Solución

Denomínanse órganos homólogos aqueles que teñan unha orixe común, malia poderen na actualidade unha función distinta. É o caso das ás das aves, as patas anteriores dos mamíferos e as aletas dos golfiños: todos eles evolucionaron a partir dun antepasado común, por iso manteñen unha estrutura anatómica similar. É unha proba do grupo da anatomía comparada.

Actividades propostas

S20. Xustifique as características que debe ter un fósil guía.

S21. O Archaeopteryx é un fósil dun ave primitiva con características de réptil. Que demostra este fósil? A que grupo pertence este tipo de probas?

S22. A porcentaxe de secuencias de aminoácidos (compoñentes das proteínas) de distintas especies idénticas á dunha das cadeas da hemoglobina humana son: lamprea 14 %; ra 54 %; galiña 69 %; rato 87 % e macaco 95 %. Que demostra isto? A que grupo pertence este tipo de probas?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0