Saltar navegación

5. Exercicios de autoavaliación

Exercicios de autoavaliación

Pregunta

1.        Os axentes xeolóxicos externos:

Respostas

Son o vento e os axentes atmosféricos, pero non a auga nin os seres vivos.

Teñen a súa orixe na enerxía interna da Terra.

 Teñen a súa orixe na enerxía solar.

Actúan fundamentalmente creando relevo.

Pregunta

2.        Que é certo da estrutura da Terra?

Respostas

Canto máis afondamos máis presión e temperatura hai, de xeito que o núcleo está en estado totalmente fundido.

A litosfera é unha capa sólida e ríxida, dividida en placas.

A codia inclúe a litosfera.

Na endosfera non hai correntes convectivas.

Pregunta

3.        A teoría da deriva continental:

Respostas

Foi enunciada tras a descuberta da expansión do fondo oceánico.

Acerta ao considerar que os continentes se moven pola acción das forzas da gravidade e a atracción da Terra e a Lúa.

Considera as correntes de convección como motor do movemento dos continentes.

Fala dun supercontinente (Panxea) que se rompeu co tempo.

Pregunta

4.        Nas zonas de subducción:

Respostas

Créase litosférica oceánica.

Son zonas con moito vulcanismo e sismicidade.

Son características as fallas de transformación.

Son zonas con correntes convectivas ascendentes.

Pregunta

5.        Son relacións intraespecíficas:

Respostas

 As manadas de animais.

 A simbiose.

 O parasitismo.

 A depredación.

Pregunta

6.        Unha rede trófica é:

Respostas

 Un conxunto de seres vivos da mesma especie que viven nun area determinada

 Un conxunto de cadeas tróficas relacionadas.

 Un conxunto de organismos que teñen unha forma similar de alimentarse.

 O nome que recibe o conxunto de seres vivos dun ecosistema.

Pregunta

7.        Que é certo dos fósiles?

Respostas

Que son restos de seres vivos que viviron en épocas pasadas.

Que todos eles son restos das partes duras do organismo (ósos, cunchas, etc).

Que poden aparecer en calquera tipo de rocha.

Que son sempre restos de animais (incluíndo o petróleo).

Pregunta

8.        Cal non é unha característica dun fósil-guía?

Respostas

 Ter unha ampla distribución xeográfica.

 Ter un grande tamaño.

Ser abundante.

Que a súa aparición, evolución e extinción foran (en termos xeolóxicos) rápidas.

Pregunta

9.        Cal é a orixe da variabilidade xenética dos seres vivos?

Respostas

A selección natural.

A herdanza dos caracteres adquiridos.

As mutacións e a reprodución sexual.

A loita pola supervivencia.

Pregunta

10.     Que teoría evolutiva considera que a evolución dos seres vivos se realiza dun xeito descontinuo?

Respostas

O Lamarckismo.

A teoría sintética.

A teoría saltacionista.

O Darwinismo

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0