Saltar navegación

1.3 Obxectivos

 

O planeta Terra non debe ser considerado como algo estático e independente da vida, senón como un gran ecosistema, con compoñentes vivos e compoñentes inertes influíndose mutuamente dun xeito tal que determinan a súa evolución conxunta. Que a Terra é un planeta en constante cambio é evidente, tamén o é o feito de como eses cambios puideron propiciar e condicionar a aparición e a posterior evolución das formas de vida. Pero só recentemente estamos a apreciar a sutil pero importante influencia dos seres vivos no funcionamento e na evolución do propio planeta. Logo do estudo da unidade serase capaz de:

  • Diferenciar os efectos da meteorización e dos axentes xeolóxicos externos sobre a modelaxe do relevo en situacións concretas (medio natural, fotografías de paisaxes, etc.).

  • Comprender a importancia da conservación do solo pola extrema lentitude da súa formación e a rapidez da súa destrución.

  • Describir as principais características das capas internas da Terra.

  • Coñecer os feitos que demostran a teoría da tectónica de placas.

  • Explicar por medio da tectónica de placas fenómenos como a formación de cordilleiras, os terremotos, os volcáns, as dorsais e a fosas oceánicas, así como a súa localización.

  • Xustificar os cambios que lles ocorren ás rochas no seu ciclo.

  • Describir como se forma un fósil a partir do organismo vivo,

  • Recoñecer os feitos que avalan a evolución das especies.

  • Indicar as hipóteses máis salientables das teorías evolutivas.

  • Interpretar as cadeas e redes tróficas que compoñen un ecosistema e as relacións de dependencia entre os seres vivos que as compoñen.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0