A Terra en continua evolución
2.2.1 A enerxía do interior da Terra
O interior da Terra áchase a máis de 4 500 ºC. Hai catro fontes que o manteñen quente:
-
A desintegración de isótopos radioactivos que se atopan contidos no manto terrestre e que liberan a maior parte da calor do interior da Terra (ata nun 90 %).
-
A calor residual da orixe da Terra, que aínda continúa liberándose.
-
A calor liberada durante a seguinte etapa na formación da Terra, a diferenciación gravitatoria, que, como a calor orixinal, aínda non se disipou de todo.
-
A calor latente que xorde do núcleo que, ao arrefriarse, expándese.
A liberación desta enerxía cara ao exterior é responsable dos procesos xeolóxicos internos.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0