2.2.3 Axentes xeolóxicos internos
Os axentes xeolóxicos internos son as forzas internas do planeta que orixinan a deformación da codia terrestre. Os máis importantes son:
- Terremotos ou sismos. Sacudidas bruscas do terreo que se producen por unha liberación súbita da enerxía almacenada en rochas sometidas a forzas internas da Terra.
-
O lugar do interior da Terra onde se produce o tremor chámase hipocentro ou foco sísmico. Desde o hipocentro a enerxía transmítese en todas a direccións en forma de ondas sísmicas de xeito similar ás que se forman ao botar unha pedra nun estanque. A vertical do hipocentro na superficie denomínase epicentro. No epicentro é onde o efecto do terremoto é máis intenso.
A duración do tremor non adoita superar os dous minutos, pero pode producir, segundo a súa intensidade, danos catastróficos. Con frecuencia despois do terremoto principal, prodúcense réplicas de menor intensidade. A intensidade dos terremotos mídese co sismógrafo.

- Volcáns. Fendas na codia terrestre que alcanzan zonas profundas, polas que se expulsan ao exterior unha mestura de materiais fundidos que denominamos magma. Hai fenómenos asociados ao vulcanismo, tales como geyser, fumarolas e fontes termais.
-
Estrutura dun volcán
-
Cono volcánico: elevación do terreo producida pola acumulación de produtos de erupcións volcánicas anteriores.
-
Cráter: zona de saída dos produtos volcánicos.
-
Cheminea: conduto de saída que une a cámara magmática co exterior
-
Cámara magmática: zona no interior da codia terrestre onde se acumula o magma

-
- Outros fenómenos asociados á tectónica de placas. Como a formación das cordilleiras e das fosas mariñas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0