Saltar navegación

1.2 Coñecementos previos

 
  • A atmosfera é a capa gasosa que envolve a Terra.

  • Os axentes atmosféricos teñen capacidade de ruptura e de transformación das rochas no lugar onde estas se atopan.

  • A hidrosfera está constituída polo conxunto de augas que existen no noso planeta.

  • A auga da hidrosfera está nun 97 % en mares e océanos, e só o restante é auga continental, repartida principalmente nos casquetes glaciares, e auga subterránea; e unha pequena porcentaxe esvara pola superficie pola acción da gravidade, dando lugar a torrentes, ríos e lagos.

  • A auga en todas as súas formas pode fragmentar unha rocha e mobilizar os fragmentos.

  • Os solos orixínanse por alteración das rochas debido á acción da auga, aos axentes atmosféricos e aos seres vivos.

  • A xeosfera constitúe a parte máis interna da Terra e fórmana rochas.

  • Os materiais da xeosfera distribúense en capas concéntricas: codia, manto e núcleo.

  • Fenómenos xeolóxicos como a formación de montañas, o movemento dos continentes, os volcáns e os terremotos son manifestacións da enerxía interna da terra.

  • A Terra formouse hai 4500 millóns de anos, pero conserva unha boa parte da súa inmensa enerxía en forma de calor.

  • A distribución dos continentes variou ao longo da historia da Terra.

  • O fondo oceánico estase a renovar de xeito lento e continuo.

  • Os fósiles dannos información da vida no pasado.

  • Os seres vivos autótrofos obteñen a materia e a enerxía pola fotosíntese.

  • Os seres heterótrofos dependen da materia orgánica elaborada polos seres autótrofos.

  • Un ecosistema está formado polas condicións ambientais dun lugar concreto, seres vivos que o habitan e as interacción que se producen entre todos eles.

  • Un grupo de organismos da mesma especie e que viven dunha determinada área constitúen unha poboación.

  • Os membros dunha poboación son similares, pero non idénticos, moitas das características cos diferenza son herdables.

  • Os cambios herdables dos organismos dunha poboación son a materia prima da evolución dos seres vivos.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0