4. Actividades complementarias
S26. Observe o debuxo e complete a seguinte táboa de formas de relevo das augas mariñas en relación cos axentes xeolóxicos e cos procesos externos
S27. Como será o efecto dun incendio no monte sobre o solo do lugar?
S28. Onde será máis probable atopar un solo moi evolucionado, na aba dunha montaña ou nun val? Razoe a resposta.
S29. Complete a imaxe cos termos da dereita.
S30. Cal é a orixe da calor interna da Terra?
S31. Póñalles nome ás partes do volcán do debuxo.
S32. A illa de Surtsey (Islandia) xurdiu do mar en novembro de 1963 por causa dunha erupción volcánica submarina que se prolongou durante cinco anos. Cal é a orixe desta illa?
S33. Que probas presentou Wegener para concluír que os continentes están en continuo movemento? Son aceptadas na actualidade?
S34. Explique o que ten lugar no seguinte esquema, e indique un exemplo.
![]() |
S35. Lea seguinte texto e conteste:
|
Nunha charca o fitoplancto sérvelles de alimento ao zooplancto e aos copépodos, e á súa vez ambos (zooplancto e copépodos) son comidos polos peixes, que tamén se alimentan de pulgas de auga; estas comen algas, alimento que utilizan os caracois |
S36. Por que se di que o fluxo de enerxía é lineal e o fluxo de materia é cíclico.
S37. Na película Waterworld, Costner é un individuo que vive nunha futura Terra totalmente acuática e que posúe branquias. Como o explicara un lamarckista?
S38. Desde un punto de vista evolutivo, as mutacións (cambios no ADN) son prexudiciais ou beneficiosas para os organismos? E para a especie?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0

