Saltar navegación

2.1.2 Axentes xeolóxicos externos

Os axentes xeolóxicos externos poden ser pasivos ou activos:

  • Pasivos: producen a disgregación da rocha, pero non mobilizan eses fragmentos. Son os axentes atmosféricos: temperatura, humidade, osíxeno, etc.

  • Activos: capaces de fragmentar unha rocha e mobilizar os fragmentos. Son:

–      Auga. Actúa de diversas maneiras:

–      Chuvia: desgasta o chan e arranca pequenos anacos, que son arrastrados.

–      Augas continentais superficiais que, en forma de torrentes, ríos, etc. Atúan con distinta intensidade.

–      Xeo nas zonas glaciares e periglaciares.

–      Augas mariñas, pola acción das as ondas e as correntes, é a abrasión.

–      Augas subterráneas procedentes da auga de chuvia que se filtra ao interior.

–      Seres vivos. Nomeadamente a vexetación, rompe as rochas coas súas raíces e fixa o solo das montañas, co que impide que sexa arrastrado polas chuvias. Ademais, as actividades humanas modifican e cambian a paisaxe.

–      Vento. Arrastra pequenas partículas que ao golpear contra as rochas as desgasta.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0