Saltar navegación

6.1 Solucións das actividades propostas

S1.             

  • Mineral

Materia natural da codia terrestre da que se pode extraer algún elemento, normalmente un metal, en cantidade suficiente para o seu aproveitamento.

  • Alto forno

Instalación industrial onde se transforma ou traballa o mineral de ferro en arrabio.

  • Carbón vexetal

Material combustible (sólido, fráxil e poroso) obtido do quecemento da madeira ou doutros residuos vexetais.

  • Ferro colado ou fundido

Metal ao que se da unha determinada forma verténdoo, fundido, nun molde e deixándoo arrefriar.

 

Nun lugar próximo a un río ou abundante auga, rodeado de bosques para leña e próximo a enclaves con minas ou xacementos de minerais.

 

  • Lámina 1: Edificios de vivendas, igrexa e dependencias da fábrica.
  • Lámina 2: Unha das canalizacións da auga da Real Fábrica.
  • Lámina 3: Un dos fornos conservados en Orbaiceta.

S2.             

  • NE: Mar do Norte; Atlántico; S: Canle da Mancha; O: Mar de Irlanda.
  • York, Lancaster, Colchester, Norwick, Dundee, etc.
  • Londres; Manchester, Liverpool, Bristol, Birminghan, Leicester, etc.
  • La e algodón.
  • Por todo o País de Gales e Inglaterra, diminuíndo cara a Escocia..

 

 Peninos

Formación montañosa situada entre o sur de Escocia e o norte de Inglaterra. Son importantes os Peninos pola abundancia de minas de ferro.

S3.             

 Sopa de letras

S4.             

  • 1700: 5’8 millóns; 1801: 16 millóns; 1881: 26 millóns.
  • Case quintuplicou.
  • Si, coincide coa primeira fase da Revolución Industrial, nomeadamente en Gran Bretaña.

S5.             

  • Observamos unha aldea ou vila rodeada de campos dedicados á rotación trienal: trigo, cebada e barbeito.
  • A rotación consiste en mudar anualmente o tipo de cultivo dunha parcela, deixándoa descansar cada tres anos para deixar a terra recuperar minerais.

S6.             

  • No segundo cuarto do século XVIII, coincidindo co inicio da Revolución Industrial.
  • Entre 1761 e 1792.
  • 74.581 + 478.259 + 273. 891 = 826.731 acres.
  • 826.731 x 0’4 = 330.692’4 ha..

 

  • Para as paisaxes: aparición de sebes, destrución de flora e fauna e dano aos ecosistemas.
  • Para a produtividade: aumento da produtividade.
  • Para a poboación: máis alimentos, máis dificultades para acceder á propiedade privada, ...

S7.             

  • Primeiro ano: nabos, patacas ou fabas.
  • Segundo ano: grao ou trevo.
  • Vantaxes: sempre se cultiva algún produto, polo que aumenta a produción, hai forraxe para os animais e a dieta é máis variada.

S8.             

En 1715 a dieta é máis variada e rica, especialmente pola chegada de alimentos de América (patacas, café, té).

S9.             

  • Traballo: 12’5 horas; sono: 7 horas; comidas e descanso: 4’5 horas.
  • Legalmente 8 horas diarias, aínda que en moitas empresas se superan esas horas coas chamadas horas extra.

S10.             

  • Traballa 12 horas, fronte ás 8 actuais; non ten preparación nin estudos; na actualidade todos o cidadáns teñen dereito á educación; nas minas traballan nenos e nenas, o que na actualidade está prohibido (iso non quer dicir que non se produza explotación infantil nalgúns países asiáticos, africanos ou suramericanos); existía o maltrato infantil para obter maior rendemento.
  • Peixe fresco, carne, pasta, froita, leite, patacas, pan, ...cinco comidas ao día e copiosas.
  • Polas loitas obreiras, o traballo dos sindicatos, polos grandes avances tecnolóxicos e científicos.

S11.             

As canles fluviais permitían o transporte de mercadorías pesadas a un custo moito máis baixo. Por outra banda, a construción de canles artificiais que unían os diferentes ríos navegables que discorrían por Inglaterra permitía atravesar as mercadorías dunha punta a outra de Gran Bretaña, ligando a produción cos portos marítimos.

S12.             

  • Inglaterra (Reino Unido)..
  • 1870-1880.
  • Inglaterra, Francia, Alemaña, Países Baixos.

S13.             

  • Un grande escritor francés (1802-1885).
  • Como se fose un ser vivo, un cabalo (relincha, galopa, ...).
  • Na actualidade estase a construír o trazado dos trens de alta velocidade, que circulan a máis de 200 km/hora; a enerxía é eléctrica ...
  • Como un perigo para os cidadáns, como “un can rabioso que pode atacar en calquera momento”.
  • Transformáronse no principal medio de transporte privado. Os coches identifícanse na actualidade con matrícula para poder sancionar os infractores, tal como se solicitaba no texto. Os automóbiles provocan un número moi elevado de mortos, por atropelo ou por accidentes.

S14.             

  • Fiadura

Transformar unha fibra téxtil nun fío continuo con cohesión e manexable.

  • Water Frame

Torno de fiar, movido por enerxía hidráulica, inventado en 1769 por Arkwright. Daba fío resistente, válido para o urdido e non para a trama, permitindo tecer o algodón sen apareceren rizos.

  • Máquina de vapor

Motor de combustión externa que transforma a enerxía térmica dunha cantidade de vapor de auga en enerxía mecánica.

  • División do traballo

Separación das operacións produtoras, ocupándose cada obreiro sempre da mesma clase de operacións. Entre todos os obreiros logran un resultado común, suma dos seus esforzos.

  • Forno  siderúrxico

(De sideros, ferro en grego) Lugar onde se trata o mineral de ferro para obter diferentes metais ou aliaxes.

S15.             

[http://www.clemson.edu/caah/history/FacultyPages/PamMack/lec122/britir.htm]

Máquina de

vapor: Watt

Mina ou explotación de carbón de coque, con vagonetas movidas por tracción humana.

Primeira ponte de ferro en Coalbrookedale (Inglaterra) no río Severn. Deseñada por Thomas Pritchard e construída polos fundidores John Wilkinson e Abraham Darby (1777-1779).

 

Canais en Birmingham para o aproveitamento hidroeléctrico para a nova industria.

Ferrocarril. Máquina Rocket, 1829.

>

S16.             

  • Explotación de carbón das minas.
  • Mulleres e mozos ou nenos.
  • Vantaxes: maior produción, en menos tempo e cunha man de obra barata. / Inconvenientes: doenzas dos obreiros, malas condicións hixiénicas, sobreexplotación.
  • Carbón de coque (hulla e antracita). Máis enerxético, baixo custo e accesible a todo o mundo.

S17.             

A

 Mineral de ferro.

B

 Fols.

C

 Molde do canón.

D

 Escoura.

 

O esquema básico dun alto forno é o mesmo que se empregaba na antigüidade para a fundición dos canóns de ferro. colócanse alternativamente capas de carbón e mineral de ferro (a). Na parte inferior do forno existían unhas tobeiras por onde se forzaba a entrada do aire mediante uns grandes fols (b). No crisol do forno atopábase un orificio polo que fluía o arrabio e se dirixía ao molde do canón (c). Por riba unha abertura, debaixo das tobeiras, cara a outra boca por onde saía a escoura. (d).

S18.             

Na primeira fase da revolución industrial, as innovacións técnicas máis destacadas foron, para o sector da industria téxtil algodoeira, as fiadoras coñecidas como a lanzadeira voante ou Jenny (John Kay, 1733), ou o bastidor para fiar Water-Frame, de Richard Arkwright; así como para o tecido o tear mecánico Mule-jenny, de Crompton. Polo que respecta á industria siderúrxica foi fundamental a invención da pudelaxe, sistema creado por Henry Cort (1784)

Máis información:

S19.             

  • Capital

Cantidade que se presta ou se inviste.

  • Cooperativa

Asociación autónoma de persoas que se unen voluntariamente para formar unha organización democrática cuxa administración e xestión debe resultar do consenso de todos os seus membros.

S21.             

O proceso de industrialización xerou a aparición e desenvolvemento do proletariado; homes mulleres e nenos traballaban longas xornadas, por salarios baixos, en condicións hixiénicas precarias e vivían en barrios insalubres e marxinais. Esta precaria situación xerou conciencia de clase entre os seus membros e unha reacción contra a patronal; as protestas do proletariado canalizáronse en varios movementos: o ludismo ou oposición ao maquinismo; as primeiras asociacións, chamadas Sociedades de Socorro Mutuo; as Trade Unions ou o nacemento do sindicalismo, con grandes reivindicacións laborais... Os obreiros agrupáronse segundo diversas ideoloxías: marxismo e anarquismo, que se internacionalizaron.

S22.             

  • Con esta lei penalízase o asociacionismo obreiro cunha regulamentación moi severa. Neste artigo prohibe formar piquetes para impedir a entrada de calquera traballador ao seu posto de traballo ou intentar facerlle presión a calquera compañeiro para sumarse a calquera movemento de protesta.
  • É unha regulamentación democrática, na que concede grandes liberdades aos afiliados aos sindicatos e marca as limitacións da propia lei.

S23.             

De arriba a abaixo:

3

6

7

8

2

1

4

5

S24.             

  • Barcelona-Mataró e Madrid Aranxuez.
  • No último terzo do século XIX. Cidades: Santiago Compostela, Vigo, Tui, Ourense, Monforte Lemos, Lugo, A Coruña.
  • Trazado radial, tomando como centro a cidade de Madrid. Uniu a capital cos principais centros industriais (Cataluña e País Vasco) mais a unión entre eles tardou varias décadas. Salvo en Cataluña, non hai conexións entre as cidades costeiras.

S25.             

  • Describe o interior da fábrica (pésimas condicións), os distintos traballos dos operarios da fábrica, como os homes preparaban a folla do tabaco para logo poder ser leado.
  • Edificio situado na rúa Concepción Arenal, fronte á praza da Palloza, construído no século XVIII para o Servizo de Correos Marítimos das Colonias. É un proxecto do arquitecto Antonio de Mesa e Álvarez. No 1802 pasou a formar parte da Fábrica Nacional de Tabacos e máis tarde Tabacalera. Dende o 2002 o edificio xa non produce tabaco. Era unha das 11 fábricas de manufacturas do tabaco en España e a súa man de obra era exclusivamente feminina, por ser máis económica (4000 cigarreiras no ano 1886) e a súa produción estaba especializada en cigarros.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0