Saltar navegación

4. Actividades complementarias

 

Actividades propostas

S26. Lea estes textos sobre a introdución da pataca na dieta europea, e galega en particular, e complete despois o cadro.

Tras a descuberta de América os europeos coñeceron unha planta que ía desempeñar un papel de primeira orde na historia do Vello Mundo: a pataca. Esta planta era orixinaria dalgúns países suramericanos: Perú, Bolivia e Colombia. Este tubérculo crecía entre as altas mesetas e os indios facíana obxecto de cultivo. A primeira alusión que se fai á pataca figura no informe de Juan de Castellanos sobre a expedición de Gonzalo Giménez de Quesada ao interior de Colombia (1536). É moito máis tarde cando os botánicos europeos prestan atención á pataca. A noticia máis remota ata agora sobre o consumo da pataca en Europa atópase nas contas dun hospital de Sevilla, onde en 1673 se comían patacas que se cultivaban nas inmediacións da cidade.

Slicher van Bath. Historia agraria de Europa occidental. Barcelona 1978

 

A pataca comezou a sementarse en tempos de moita miseria. Como di Lucas Labrada, estendeuse polas terras de Mondoñedo nas fames de 1768-1769, aínda que a coñecían desde moito antes. Pero sabemos mellor o que pasou na montaña luguesa: en 1750, en Burón, só un 25 por cento da terra se sementaba todos os anos; tres cuartas partes do labradío precisaban un ano de descanso, e a pataca non aparece mencionada para nada. Ao chegar 1788 algunhas freguesías collían tamén 8.696 fanegas de patacas e 1.891 carros de nabos. Esta distribución dos cultivos quere dicir que estamos ante os comezos da intensificación agrícola da montaña luguesa: a rotación de nabos, pataca e centeo comezou, e vai durar ata hoxe. Houbo, desde logo, xente que xamais quixo comer patacas, pero outros non tiveron máis remedio ante a fame. Velaí como para as terras de Burón os tempos modernos tampouco pasaron baleiros, e o mesmo poderíase dicir de Murás, da terra de Miranda, ou das beiras do Limia, onde se botaban patacas en 1777, segundo di González de Ulloa.

Saavedra, P. En “Historia de Galicia”, Barcelona, 1980

  • A pataca procede de (Perú, Bolivia e Colombia) nas altas mesetas.

  • A primeira alusión á pataca nun texto europeo é no informe de sobre a de ao interior de (1536).

  • A noticia máis antiga sobre o consumo de pataca en Europa é de as , en 1673.

  • En Galicia estendeuse o cultivo da pataca debido a

  • Como era a rotación de cultivos na montaña de Lugo a partir de 1788? Rotación de tres cultivos: sementando só o 25 % da terra existente.

  

S27. En relación coa industrialización en Cataluña.

  • O sector pioneiro foi...
  • Os tecidos de algodón denominábanse...
  • A primeira fonte de enerxía que se utilizou foi...
  • A primeira máquina de vapor instalouse en...
  • Os dous grandes problemas da industria catalá foron...

S28.  O gravado reproduce o interior dunha fábrica catalá do século XIX.

  • Describa o que ve.
  • Trate de imaxinar como funciona o mecanismo xeral representado aquí.
  • As barras de ferro que percorren a gran sala á esquerda e á dereita móvense como un eixe. Quen as movería?
  • Para que valerían as correas que van cara a abaixo?
  • Que tipo de fábrica é representada aquí?

 Fábrica catalá do século XIX

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0