2.2.2 Aumento da produción agrícola
A mediados do século XVIII Inglaterra xa contaba coa agricultura máis produtiva de Europa. Danse unhas transformacións, as máis importantes desde a invención da agricultura no Neolítico, polo que se denominan Revolución Agrícola. Estes cambios van permitir un aumento de poboación sen precedentes, o que liberou unha porcentaxe de man de obra no campo que derivou cara ás cidades e á industria, e débense aos seguintes factores:
- Modificación do sistema de propiedade: fomentouse a privatización das parcelas agrícolas, o seu pechamento (enclosures), así como a concentración nas mans de grandes propietario. Nelas aplicábanse as últimas innovacións tecnolóxicas (rotación de cultivos, emprego de fertilizantes, etc.).
- Mecanización e introdución de melloras técnicas: aparición da sementadora e do arado de ferro (que posibilita un arado máis profundo). Úsase o cabalo en lugar dos bois.
- Sistema Norfolk ou de rotación cuadrienal.
|
O sistema Norfolk permitiu a desaparición do barbeito mediante a introdución de plantas forraxeiras. Isto levou ao estabulamento do gando (que podía alimentarse coas plantas forraxeiras) que, unido á mecanización dos apeiros de labranzas, permitiu un aumento dos rendementos da terra e da produción. |
![]() |
- Selección gandeira: gandaría científica de selección de cría, que pretende mellorar o tamaño e a saúde das razas tradicionais. A carne comezará a estar o alcance de toda a sociedade, co que mellora a súa dieta.
- Novas plantas forraxeiras e outros cultivos traídas de América (millo, pataca, etc.).
Os avances da agricultura favoreceron a Revolución Industrial ao permitir alimentar unha poboación en crecemento. A diminución dos traballadores agrícolas polas melloras técnicas favoreceu a man de obra para a nacente industria. Por outra banda, a necesidade de maquinaria para a agricultura permitiu o pulo da industria metalúrxica e siderúrxica. Finalmente, moitos dos beneficios obtidos polos grandes propietarios agrícolas reinvestíronse na industria e no comercio, contribuíndo ao crecemento destes sectores.
Actividades propostas
S5. Velaquí un debuxo dunha aldea inglesa onde estaba establecido o sistema tradicional de campos abertos (open fields). Observe tamén o cadro que ten despois co sistema tradicional de rotación de cultivos.
![]() |
|
|
O sistema tradicional agrícola: as rotacións |
||
|
Primeiro ano |
Segundo ano |
Terceiro ano |
|
Trigo |
Barbeito |
Cebada |
|
Cebada |
Trigo |
Barbeito |
|
Barbeito |
Cebada |
Trigo |
- Describa por escrito o que observa no debuxo da aldea.
- Explique en que consistía o sistema de cultivo resumido no cadro.
S6. Un dos grandes cambios do século XVIII foi o pechamento de leiras (enclosures) como propiedades privadas. Analice a táboa de permisos e a superficie pechada.
|
Anos |
Permiso de pechamentos |
Nº de acres pechados |
|
56 |
74.581 |
|
339 |
478.259 |
|
182 |
273.891 |
- Cando comezaron a pecharse as terras inglesas?
- En que época se concederon o maior número de permisos para pechar as terras?
- Cantos acres de terra se pecharon, en total, no século XVIII?
- Calcule o número de hectáreas que se pecharon, sabendo que 0’4 hectáreas equivalen a un acre..
- Consecuencias dos pechamentos de terras para as paisaxes, para a produtividade e para a poboación.
S7. Lea o seguinte texto
|
A rotación de cultivos "O método inglés, con lixeiras variantes segundo o lugar e as circunstancias, é este: cando se labra un campo, o agricultor estércao todo o que pode, e sácalle o que se chama a colleita do barbeito, é dicir, unha colleita que precisa o uso frecuente do arado ou da aixada: poden ser nabos ou patacas, fabas, etc. Despois seméntase a terra con algunha clase de grao ou de trevo; este último continúa ás veces dous ou tres anos no mesmo campo ata que, despois de labrala outra vez, se sementa de trigo. Esta orde ou rotación de cultivos repítese sucesivamente na mesma orde, e a terra nunca queda desocupada ou descansando, como se ten por costume." |
|
An address from the Philadelphia Society for Promoting Agriculture (1785) |
- Que se sementaba no primeiro ano?
- E no segundo e no terceiro?
- Que vantaxes cre que tería ese sistema fronte ao tradicional do barbeito?
S8. Observe este gráfico coa dieta alimentaria en diferentes momentos da historia e coménteo. Que variación hai entre os alimentos consumidos en 1603 e en 1715?
|
1603: hortalizas, legumes... |
1715: té, café, pataca... |
![]() |
![]() |
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0



