2.4.3 Os novos sectrores industriais
Na primeira fase da revolución industrial, as innovacións técnicas centráronse en dous tipos de industria:
- Industria téxtil algodoeira: Foi a principal actividade económica no inicio da Revolución Industrial. O algodón substituíu a la e mellorouse a fiadura e a tecedura desta materia prima. Contribuíu ao éxito da industria téxtil a prohibición de importar tecidos deste material da India. As grandes plantacións escravistas de algodón dos Estados Unidos enviaban a Inglaterra a materia prima. Para o seu éxito foron fundamentais inventos como a lanzadeira voante ou Jenny (John Kay, 1733), que permitía fiar varios fíos ao mesmo tempo; o bastidor para fiar Water-Frame, de Richard Arkwright, ou o tear mecánico Mule-jenny, de Crompton.
- Industria siderúrxica. Foi fundamental a invención da pudelaxe, sistema creado por Henry Cort (1784) que purificaba o ferro fundido, golpeándoo nun forno con grandes barras para retirar o xofre e o carbono. Coa aplicación da máquina de vapor acelerouse a produción de ferro máis puro e maleable. A industria siderúrxica abasteceu de máquinas e ferramentas as necesidades da agricultura, a industria e os transportes.
S17. A continuación presentamos o esquema dun alto forno. Complete o texto co termo axeitado logo de identificar cada unha das letras do esquema (tobeira, carbón, fol, crisol, arrabio, escoura, mineral de ferro.)
![]() |
O esquema básico dun alto forno é o mesmo que se empregaba na antigüidade para a fundición dos canóns de ferro. colócanse alternativamente capas de carbón e (a). Na parte inferior do forno existían unhas tobeiras por onde se forzaba a entrada do aire mediante uns grandes (b). No crisol do forno atopábase un orificio polo que fluía o arrabio e se dirixía ao (c). Por riba unha abertura, debaixo das tobeiras, cara a outra boca por onde saía a . (d).
O esquema básico dun alto forno é o mesmo que se empregaba na antigüidade para a fundición dos canóns de ferro. colócanse alternativamente capas de carbón e mineral de ferro (a). Na parte inferior do forno existían unhas tobeiras por onde se forzaba a entrada do aire mediante uns grandes fols (b). No crisol do forno atopábase un orificio polo que fluía o arrabio e se dirixía ao molde do canón (c). Por riba unha abertura, debaixo das tobeiras, cara a outra boca por onde saía a escoura . (d).
S18. Indique cales foron as principais innovacións técnicas que permitiron desenvolver a industria ao comezo da Revolución Industrial.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0
