2.5.1 A agricultura
Nos gobernos liberais do XIX (1835-1860) desenvolveuse unha reforma da estrutura agraria para pór a terra en mans de propietarios libres para comprar, vender, arrendar e cultivar sen limitacións, para obter rendibilidade. Este proceso chámase desamortización e desenvólvese en varias fases, destacando as realizadas por Mendizábal (1836), Espartero (1841) e Madoz (1855). Os seus obxectivos eran sanear a Facenda Pública, dar fin aos latifundios e consolidar o liberalismo. A burguesía, o grupo social que tiña que pular pola creación e desenvolvemento da industria, utilizou gran parte do capital en comprar estas propiedades desamortizadas, o que imposibilitou en grande medida o crecemento industrial español.
A finais do século houbo unha grande crise agraria, ao chegaren cereais máis baratos procedentes dos EEUU, Rusia e Australia. O seu baixo prezo debíase ás novas técnicas de explotación e á facilidade das comunicacións. Os produtores españois perderon os seus mercados europeos e diminuíu a produción de trigo e viño.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0