Saltar navegación

2.1.3 Consecuencias da Revolución Industrial

A Revolución supuxo grandes cambios económicos, sociais e políticos. Transformou o modo de vida da humanidade. Entre as principais consecuencias destacan as seguintes.

Consecuencias sociais

  •  Pásase do mundo rural ao urbano, cun proceso de abandono progresivo do campo. Aumenta a importancia das cidades, convertidas en centros industriais. Nalgunhas o crecemento foi rápido, desordenado e sen criterio, grazas ao pulo da burguesía. Nas súas periferias xorden barrios obreiros arredor das fábricas, formados por barracóns, etc.
  •  Modifícase a estrutura profesional: pulo da burguesía e nacemento dunha masiva clase traballadora (o proletariado fabril). Mulleres e nenos comezan a traballar fóra do fogar.
  •  Agudízase os problemas dos obreiros e as desigualdades sociais (incremento do luxo e a riqueza da burguesía, fronte á pobreza e a indixencia das masas traballadoras).
    •  Aparecen doutrinas sociais que pretenden dar solucións aos seus problemas (socialismo, socialismo utópico, socialdemocracia) e organizacións que loitan pola mellora das súas condicións de vida (gremios, sindicatos...).

 

Consecuencias

económicas

  •  Alto rendemento do traballo e redución dos custos da produción.
  •  Acumulación de grandes capitais, dando paso ás compañías e as sociedade anónimas.
  •  Traza e desenvolvemento das vías de comunicación e os medios de transporte, facilitando o intercambio entre nacións e continentes.
  •  Consolidación dos bancos, as compañías de seguros, as cámaras de comercio, ...
  •  Substitución de artesanías e manufacturas pola produción en grandes fábricas.

 

Consecuencias

políticas

  •  Consolidación política da burguesía.
  •  O estado non intervén directamente nas actividades económicas, senón que potencia a industrialización e regula a lexislación social.

Actividades propostas

S3.            Localice nove termos clave dos grandes cambios da Revolución Industrial.


Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0