2.3.3 Consecuencias da revolución dos transportes
A revolución dos transportes (tanto do barco de vapor como do ferrocarril) tivo importantes consecuencias económicas e sociais:
- Os excedentes agrarios e industriais puideron colocarse con facilidade nos mercados nacionais ou internacionais.
- Ao aumentar o rendemento dos transportes, reduciuse o custo das viaxes.
- A posibilidade de colocar os excedentes en mercados internacionais permitiu a especialización de rexións enteiras e un incremento da produción total.
- Facilitou os movementos de poboación entre o campo e as cidades; entre as metrópoles e as colonias ultramarinas. Deste xeito foi posible abastecer de alimentos á poboación das cidades en constante crecemento.
Impulsou a minería e a industria, especialmente a siderurxia, favorecendo os investimentos nestes sectores.
Actividades propostas
S13. O mundo dos transportes revolucionou o xeito de vivir das persoas. Lea os seguintes documentos:
|
TEXTO 1.- Viaxar no tren. "Reconcilieime cos ferrocarrís (..) Eu fixen onte o percorrido entre Anveres e Bruxelas e a volta. Saín ás catro horas e dez minutos e regresei ás oito e cuarto (...) A velocidade é sorprendente (...) as árbores danzan (...) É preciso moito esforzo para non imaxinar que o cabalo de ferro é un animal verdadeiro. Escóitaselle (...) súa, treme, asubía, rincha, desbócase, ... Guinda, ao longo da ruta, un excremento de carbóns quentes e uns ouriños de auga fervendo (...) o seu alento flota sobre as vosas cabezas en fermosas nubes de fumareda branca". |
|
Victor Hugo: Viaxe a Bélxica, |
|
TEXTO 2.- Pánico ante o automóbil. "Onte á tarde estiven a piques de ser esmagado por un señor montado nun automóbil lanzado á velocidade dunha locomotora (...) Señor prefecto de Policía, mañá mesmo debe obrigar aos atropeladores a levar á vista o número que permitirá capturalos logo da súa fuxida (...) Dende hoxe atacarei ao primeiro destes cans rabiosos que, subido sobre un automóbil ou un triciclo a petróleo, fuxira logo de ter posto en perigo de atropelo a min ou aos meus”. |
|
Carta do periodista Hugues La Roux, 1895 |
- Quen foi Víctor Hugo?
- Que imaxe ten do tren? Con quen ou con que o compara?
- Cales son os cambios máis importantes que sufriu o ferrocarril actual respecto do descrito no texto.
- Segundo o texto 2, como percibían os cidadáns os automóbiles?
- Compare a imaxe literaria do automóbil, no século XIX, coa súa percepción actua
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0