2.3.2 O transporte terrestre
A Europa do século XVIII tiña un trazado viario peor que o existente na época romana. No entanto Gran Bretaña contaba cun aceptable sistema de transportes, con enormes melloras nas estradas. En xeral, as novas técnicas de construción, como a apisoadora de vapor desde 1860, permitiron mellorar a rede viaria de toda Europa dende finais do século XIX.
O ferrocarril
A grande revolución dos transportes virá coa construción de vías férreas. A idea das vías xa existía desde antigo; o problema estivo na aplicación da máquina de vapor ao transporte. Foi Stephenson quen, no ano 1829, construíu unha locomotora a vapor (Rocket) que uniu Manchester e Liverpool. A construción do ferrocarril recibiu fortes investimentos que permitiron o seu rápido desenvolvemento en Inglaterra, Alemaña, Francia ou Bélxica.
Actividades propostas
S12. Observe o mapa, sobre a expansión do ferrocarril en Europa, e logo conteste.
![]() |
- En que país europeo comeza a implantación do ferrocarril?
- En que ano comeza a ser significativa a presenza do ferrocarril en España?
- En que zonas de Europa é máis mesta a rede de ferrocarrís
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0
