2.5 A Revolución Industrial en España
España tivo un crecemento económico e un proceso industrial lento, incompleto e tardío, xa que no século XIX continuou a primar o mundo rural fronte ao urbano. No século XVIII fixéranse esforzos para modernizar o sistema económico. Os ilustrados procuraron melloras concretas en todos os eidos da economía: construción e conservación de camiños, modernización agraria, iniciativas para crear as primeiras industrias.
Os monarcas da casa Borbón promoveron a creación de instalacións e fábricas relacionadas co armamento e cos bens de consumo suntuario. Pero a realidade é que na fin do século XVIII, agás enclaves industriais illados, España seguía a ser rural, e os labregos do centro e do norte da península producían para o autoconsumo. O resto dos bens de consumo procedían de talleres artesanais que seguían utilizando técnicas preindustriais.
A industrialización foi tardía en case toda España. Un dos principais atrancos para o seu desenvolvemento foi a escasa demanda de produtos industriais. As rexións vivían case illadas, con escasos intercambios, polas dificultades de comunicación. Na península os camiños eran en xeral moi malos e realizar unha viaxe longa entre dúas rexións era unha auténtica aventura. Dese xeito, cada rexión abastecíase dos bens de consumo máis necesarios. Por outra banda, o nivel de renda dos campesiños e das clases populares urbanas non lles permitía aspirar ao consumo de bens non estritamente necesarios para a subsistencia.
Os feitos que tiveron lugar na primeira metade do século XIX tampouco axudaron a crear un tecido industrial. A Guerra da Independencia (1808-1814) destruíu a infraestrutura de camiños e fábricas máis importantes. A independencia das colonias americanas supuxo tamén a perda dun mercado que xeraba unha demanda importante de produtos manufacturados en España.
Actividades propostas
S23. No texto anterior hai algunhas expresións cun significado pouco coñecido. Emparelle as palabras e as expresións da esquerda co seu significado na dereita.
|
Expresións do texto |
|
Significados | |
|
1 |
|
Bens que non son imprescindibles, que son innecesarios, de luxo. | |
|
2 |
|
Lugares illados onde se crean industrias sen moita relación co resto do territorio. | |
|
3 |
|
Producían bens para consumilos eles mesmos, non para os vender. | |
|
4 |
|
Técnicas de traballo propias dos artesáns, anteriores á organización da industria. | |
|
5 |
|
A poboación non demandaba, non esixía, porque non tiña con que mercalos, bens producidos na industria. | |
|
6 |
|
Cada rexión producía os bens que precisaba a súa poboación para vivir, e non os compraba fóra. | |
|
7 |
|
Destruíu a rede de camiños que existían. | |
|
8 |
|
Producía unha gran demanda; é dicir, había moita xente que quería mercar os produtos feitos na Península. | |
|
Expresións do texto |
|
Significados | |
|
1 |
Bens de consumo suntuario |
Bens que non son imprescindibles, que son innecesarios, de luxo. | |
|
2 |
Enclaves industriais illados. |
Lugares illados onde se crean industrias sen moita relación co resto do territorio. | |
|
3 |
Producían para o autoconsumo. |
Producían bens para consumilos eles mesmos, non para os vender. | |
|
4 |
Técnicas preindustriais. |
Técnicas de traballo propias dos artesáns, anteriores á organización da industria. | |
|
5 |
Escasa demanda de produtos industriais. |
A poboación non demandaba, non esixía, porque non tiña con que mercalos, bens producidos na industria. | |
|
6 |
Cada rexión abastecíase dos bens de consumo máis necesarios. |
Cada rexión producía os bens que precisaba a súa poboación para vivir, e non os compraba fóra. | |
|
7 |
Destruíu a infraestrutura de camiños. |
Destruíu a rede de camiños que existían. | |
|
8 |
Xeraba unha demanda importante. |
Producía unha gran demanda; é dicir, había moita xente que quería mercar os produtos feitos na Península. | |
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0