O combustible tradicional das forxas e dos primeiros altos fornos era o carbón vexetal, mais a falta de madeira –empregada para a construción naval– levou a experimentar co carbón mineral ou hulla, empregado ata aquel momento como combustible doméstico.
Este novo uso foi posible cando Abraham Derby introduciu o procedemento de queimalo para eliminar as súas impurezas (fósforo e xofre); este proceso deu lugar ao coque, é dicir, hulla sometida a un proceso de calcinación.
O uso do carbón imponse por ser máis barato, máis abundante e máis calorífico. Os centros industriais establecéronse nas proximidades das minas para que o transporte fose máis doado.
Segunda fase da Revolución Industrial
A electricidade.
A gran innovación foi o procedemento para xerala: acumulador, dínamo e motor eléctrico.
Ao descender o custo da produción foi substituíndo progresivamente ao carbón.
Inventáronse útiles que modificaron a vida cotiá da xente: lámpada incandescente, radio, teléfono, etc.
Os hidrocarburos.
O petróleo e o gas natural son as fontes de enerxía fundamentais dos cambios industriais do século XX.
Ademais de enerxía proporcionan outros produtos: asfalto, parafina, butano, plásticos ou fibras téxtiles
Actividades propostas
S16.Analice o seguinte documento:
"As mulleres e os mozos que deben carrexar o carbón a través de galerías baixas, arrastrándose sobre as mans e os pés cunha "cota" e unha cadea que, en moitos casos, pasa entre as pernas e está unida ao "cofín", entanto que outro, coa cabeza e coas mans a empurra cara a atrás. A opresión da cabeza produce irritación local e inchazón dolorosa. Noutros moitos casos as galerías están molladas, de xeito que os obreiros deben arrastrarse a través de auga luxada e salobre, alta de moitas polgadas, o que lles produce irritación de pel".
Engels, F: A situación da clase obreira en Inglaterra, Bos Aires, Futuro 1965
De que traballo está a falar o documento?
Cal era a man de obra? Era o habitual? Por que?
Cales son as vantaxes deste novo sistema de produción? E os inconvenientes?
De que carbón está a falar? Cales son as súas propiedade
S16.
Explotación de carbón das minas.
Mulleres e mozos ou nenos.
Vantaxes: maior produción, en menos tempo e cunha man de obra barata. / Inconvenientes: doenzas dos obreiros, malas condicións hixiénicas, sobreexplotación.
Carbón de coque (hulla e antracita). Máis enerxético, baixo custo e accesible a todo o mundo.