Saltar navegación

2.3.1 O transporte marítimo

Desde a Antigüidade o mar era a principal vía de transporte de mercadorías. Gran Bretaña contaba cunha situación de partida excepcional para este tipo de transporte, xa que ningún punto do país distaba máis de 100 quilómetros da costa, ao que se lle engadía o grande caudal e a navegabilidade dos seus ríos.

Gran Bretaña convertérase nunha grande potencia marítima na Idade Moderna, substituíndo a España e Portugal e competindo cos holandeses polo dominio comercial dos océanos.

Nos últimos anos do século XIX produciuse unha auténtica revolución no transporte marítimo coa navegación a vapor, cando o enxeñeiro estadounidense Robert Fulton construíu un barco impulsado por unha roda a vapor. Estes barcos foron empregados para a navegación fluvial e costeira, substituíndo dun xeito progresivo os veleiros. As melloras e a introdución de nova maquinaria e tecnoloxía non se detivo, como mostra o cambio da roda por unha hélice ou o uso de casco de ferro.

Actividades propostas

S11. As canles tiveron unha grande importancia, sobre todo, no norte de Europa e foron moi utilizadas para o transporte de mercadoría. Observa o mapa sobre as vías de comunicación en Gran Bretaña.

 Mapa de canles e comunicacións en Gran Bretaña

Mapa de canles e comunicacións en Gran Bretaña

Que vantaxes ofrecían os canais sobre os camiños

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0