5. Exercicios de autoavaliación
1. Cal é a causa máis importante do crecemento demográfico na Revolución Industrial?
A hixiene.
A mellor alimentación.
A desaparición das doenzas
A aparición de novos medicamentos.
2. A revolución industrial comezou a finais do século XVIII en...
Francia.
Alemaña.
Os Estados Unidos.
Inglaterra.
3. Previamente á Revolución Industrial produciuse a chamada Revolución Agrícola, que supuxo un importante aumento da produción. Neste crecemento agrícola, entre outros factores, influíu o proceso de cerramento de parcelas chamado...
Barbeito.
Enclosures.
Openfield.
Bocage.
4. Os primeiros sectores que se industrializaron foron...
A industria metalúrxica e a química.
A industria conserveira e de alimentación.
A industria téxtil do algodón e a siderúrxica.
A industria petroquímica e a navieira.
5. A máquina de vapor foi seguramente a innovación técnica más salientable na primeira revolución industrial. Esta aplicóuselle á industria e despois aos transportes. A quen se lle atribúe tradicionalmente a invención da locomotora?
Watt.
Fulton.
Stephenson.
Arkright
6. Ademais da máquina de vapor, outro símbolo da primeira Revolución Industrial foi...
O petróleo.
O gas butano.
A enerxía solar.
O Carbón
7. Na Revolución Industrial influíron factores demográficos e, ademais, tivo importantes efectos sobre a poboación...
Produciu unha diminución da poboación.
Supuxo un aumento dos movementos migratorios e do crecemento das cidades.
Mellorou as condicións de vida dos labregos más pobres e aumentou a poboación rural.
Diminuíu a natalidade.
8. A Revolución Industrial supuxo o triunfo dos principios do capitalismo, entre os que estaba o liberalismo económico. Que autor é considerado como o pai do liberalismo económico?
Carlos Marx.
Thomas Hobbes.
Rousseau.
Adam Smith.
9. Como afectou a Revolución Industrial a España?
Non se industrializou.
Só Cataluña e o País Vasco se industrializaron.
Afectoulle de igual modo que a Alemaña ou a Francia.
Foi pioneira.
10. Unha das causas pola que a fabricación de lenzos galegos non conseguiu ter éxito industrial foi...
Eran tecidos de moi pouca calidade.
Desapareceron os cultivos de liño.
Os traballadores querían cobrar moito.
Non foron quen de soportar a competencia dos tecidos cataláns.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0