A interculturalidade
7. Glosario
| C |
|
Nome popular co que se designan as Forzas de Paz da ONU. Trátase de corpos militares, formados por soldados dos países membros, cuxo traballo consiste en restablecer e manter a paz; protexer a poboación civil; limpar de minas o territorio; desarmar e inmobilizar os combatentes; manter a lei e a orde, formando a unha forza local da policía, e supervisar o cumprimento dos tratados de paz |
|
Traballo común levado a cabo por un colectivo de persoas ou entidades cara a un obxectivo común e empregando métodos tamén compartidos. Termo contrario a competición |
| D |
|
Distinción ou segregación, que viola os dereitos dos individuos, por cuestións sociais, raciais, de sexo, de orientacións sexuais ou relixiosas |
| E |
|
Persoa que se traslada do seu propio país a outro, normalmente co fin de buscar unhas mellores condicións laborais ou calidade de vida |
|
Consideración da raza e a cultura propias como superiores ás demais, nomeadamente no referido á lingua, a relixión, os costumes... |
| G |
|
Conflito armado organizado que enfronta grupos humanos co propósito de controlar recursos naturais ou humanos |
| I |
|
Persoa que entra nun país distinto ao de procedencia, o que supón un cambio de residencia de forma temporal ou definitiva. Estes movementos poden realizarse de xeito legal ou ilegal (clandestina) |
|
Interacción entre culturas dun xeito respectuoso, baseada no principio de igualdade, de tal maneira que se favorece a integración e a convivencia de ambas as partes |
| M |
|
Pode referirse á convivencia ou coexistencia de culturas (relixiosas, étnicas, ...) no mesmo país ou territorio. Tamén é a teoría que pretende comprender os fundamentos culturais das nacións caracterizadas pola súa gran diversidade cultural |
| R |
|
Forma de discriminación das persoas por motivos raciais, é dicir, pola cor da pel ou calquera característica física que o faga diferente. Non confundir con xenofobia que é o “odio, rexeitamento ou hostilidade cara aos estranxeiros” |
|
Persoa que por causa dunha guerra, catástrofe ou persecución debe marchar do seu país buscando refuxio noutro |
| T |
|
Derivado do latín “tolerare” = soster, soportar, ... Refírese ao grao de aceptación fronte a un elemento contrario ou a unha regra moral |
| X |
|
Termo grego que significa “aversión ao estranxeiro”, é dicir, rexeitamento dos grupos étnicos diferentes (na fisionomía, no cultural, no político, no social, ...) |
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0