Saltar navegación

1.9.1 O pluralismo sociocultural

No territorio peninsular vivimos un pluralismo sociocultural histórico, baseado na convivencia de andaluces, canarios, casteláns, cataláns, estremeños, galegos, vascos, xitanos, ... Cada grupo é dominante nun territorio ben delimitado, establecendo relacións non exentas de conflitos. Pero poderíase afirmar que o conflito é o camiño natural cara á convivencia pacífica, entanto que se logre superar o reto que o conflito suscita, enriquecendo os que o conseguen e empobrecendo a quen non logra superar as barreiras diferenciais.

Xa que logo, o piar da interculturalidade é a tolerancia, é dicir, a capacidade de conceder a mesma importancia á forma de pensar, de ser e de vivir dos demais que á nosa.

Cómpre intentar pórse no sitio do outro e pensar que a súa opinión, malia ser distinta da nosa, é igual de válida. As nosas crenzas e opinións non son mellores que as dos demais, simplemente son diferentes. Compartir esas diferenzas enriquécenos.

 

O que é...

O que debería ser...

Multiculturalidade

Diversidade cultural, lingüística, relixiosa....

Multiculturalismo

Recoñecemento da diferenza. Principios de igualdade e de diferenza.

Interculturalidade

Relacións interétnicas, interlingüísticas, interrelixiosas...

 

Interculturalismo

Convivencia na diversidade: principios de igualdade, de diferenza e de interacción positiva.

 

Hai quen pensa que multiculturalismo pode ser equiparado a aculturación, que se refire ao proceso polo que un pobo ou grupo de xente adquire unha nova cultura, normalmente en detrimento da súa propia. Adoita ser un proceso involuntario, aínda que tradicionalmente vinculado á colonización.

  • Grupos humanos:

[http://maps.grida.no/go/graphic/skin-colour-map-indigenous-people] UNEP.

  • Relixións:

[http://recursos.cnice.mec.es/religiones/cas/index_alumno.htm] Información sobre as relixións no mundo.

[http://www.boulesis.com/didactica/webquests/etica-religion/]

  • Minorías étnicas:

[http://www.survival.es/indigenas]

[http://www.prodiversitas.bioetica.org/pueblos%20indigenas.htm]

[http://es.wikipedia.org/wiki/Aborigen]

 

S18 Analicemos as diferenzas más importantes no mundo. Complete o mapa, coa axuda dun atlas e segundo a lenda inferior, localizando as rexións ou os territorios onde sexa predominante cada raza, cada relixión ou cada minoría étnica.

 

  • Grupos humanos

 

  • Zonas de maioría branca.

 

  • Zonas de maioría negra.

 

  • Zonas de maioría amarela.

 

  • Zona de maioría vermella.

  • Relixións

C

  • Católicos.

O

  • Ortodoxos.

X

  • Xudeus.

M

  • Musulmáns.

B

  • Budistas.

A

  • Animistas.

  • Minorías étnicas

Laranxa

  • Minorías étnicas América.

Azul

  • Minorías árabes en Europa.

Verde

  • Minorías aborixes Australia e Oceanía.

Amarelo

  • Minorías aborixes de África.

 

  • Que ocorre a medida que avanzamos nas indicacións da lenda?

  • Que ocorrería se quixeramos introducir no mapamundi, tras realizar as actividades, outro tipo de características que definan as diversidades culturais como o reparto do traballo, a lingua.

 

S19  Atope na sopa de letras as respostas ás cuestións sobre culturas do mundo da páxina seguinte.

  1. Libro sagrado dos musulmánsBícanse fregando o nariz
  2. Viven en Shabonos
  3. Pobo dos Homes azuis.
  4. Lago sagrado dos incas.
  5. O pobo de menor altura.
  6. O pobo coa altura maior do mundo.
  7. Arma de caza aborixe de Australia.
  8. Relixións que celebran a Pascua.
  9. Para quen son sagradas as vacas?
  10. Rompen as camisas nas vodas.
  11. Vivenda tradicional mongol.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0