Saltar navegación

1.11 Solucións das actividades proposta

S1.             

tabla

S2.             

 

  • Alemaña

40316'83 PIB per cápita

  • R. D. Congo

2669'04 PIB per cápita

  • Territorios Palestinos

10'14 PIB per cápita

  • Países desenvolvidos e continente

Os EEUU, Xapón, Alemaña, Italia, España, Israel (América N, Asia e Europa)

  • Vías de desenvolvemento e continente

A China (salvo Hong-Kong e Macau), Afganistán e Congo (Asia e África)

  • Terceiro Mundo e continentes

O Congo e Afganistán. (África e Asia)

  • Estados non recoñecidos

O Estado Palestino.

 

 

S3.             

O 3 % de 6.741.072.120

6.741.072.120 x 3/100 = 202.232.163’60 desprazados

 

S4.             

 

  • Refuxiados Calquera persoa que se atope fóra do seu país de orixe e ao que non pode ou non quere regresar por mor dalgunha persecución por razón de raza, relixión, nacionalidade, política,...

  • Emigrantes económicos Desprazamentos cara a outros países pola necesidade de gañar máis diñeiro, atopar traballo ou en mellores condicións, pagar débedas, etc.

  • Desprazados internos Segundo Nacións Unidas “persoas ou grupos de persoas que foron forzadas ou obrigadas a fuxir dos seus fogares ou lugares de residencia habitual, ou abandonadas, en particular a causa dun conflito armado, de situacións de violencia xeneralizada, de violacións dos dereitos humanos ou desastres naturais ou causados polo home, e que aínda non cruzaron unha fronteira recoñecida internacionalmente entre Estados ou que o fan a fin de evitar os efectos de todo iso”.

 

S5.           

 

  • Tipoloxía de migración descrita Migracións externas, forzosas, clandestinas e definitivas.

  • Capital administrativa sahariana O Aiún

  • Transportes empregados Barcos pesqueiros, barcos negreiros, pequenas embarcacións.

  • Rotas de peregrinación Nove

  • Problemas que orixinan os movementos migratorios clandestinos? Supón un perigo para a súa saúde e a propia vida dos inmigrantes. Son persoas que buscan un traballo digno para manteren as súas familias, mais teñen dificultade para conseguilo ao careceren de papeis legais. Non sempre son respectados nin aceptados polos habitantes dos países receptores. Adoitan vivir na marxinalidade, en guetos, en condicións infrahumanas. Favorece a aparición de “mafias” que se aproveitan destas persoas.

 lendamapa

S6.             

 

 mapa

  • Cinco países cun saldo migratorio positivo Exemplo: Canadá, EEUU, Arxentina, Portugal, España, Francia, Reino Unido, Rusia, Noruega, Suecia, Finlandia, Italia, Grecia, Alemaña, Bélxica, Holanda, Angola, Namibia, Botswana, Nixeria, Australia, Nova Zelandia, Omán, etc.

  • Cinco países cun saldo migratorio negativo. Exemplo: Sudáfrica, Sudán, Brasil, Perú, Bolivia, Colombia, Cuba, Marrocos, Exipto, Tanzania, R. D. Congo, India, México, Estonia, Letonia, Lituania, Paquistán, China, Arabia Saudita, etc.

  • Saldo migratorio máis frecuente nos países ecuatoriais? Negativo.

 

S7.      

 grafic

 

  • Por que o ano 1853 é clave nos procesos migratorios españois?

Tras a independencia das colonias americanas a comezos do século XIX, aproveitando a ocupación napoleónica da Península Ibérica, o Goberno español prohibirá a emigración cara ao novo continente. No ano 1853 cambia esa política e reábrense os procesos migratorios cara a aló.

  • Que é un indiano?

Emigrante ou descendente de emigrantes españois que volveu ao seu país en moitos casos enriquecido. Estes persoeiros dedicaron grande parte da súa riqueza ao desenvolvemento cultural, científico e artístico da súa terra (construíndo colexios, achegando material sanitario para a sanidade, etc...)

  • Cales son as características desa inmigración?

Emigrantes indocumentados. Viaxan de forma ilegal e en penosas condicións desde os seus países de orixe. Moitos viven na marxinalidade das cidades e non sempre atopan traballo.

  • Comunidade que tivo a taxa de emigración máis elevada no 1910

Comunidade de Galicia. Provincias de León, Alacante e Almería.

  • Provincias que apenas sufriron a emigración

Castellón, Badaxoz, Cidade Real, Xaén, Huelva, Córdoba, Toledo, Albacete, Cuenca, Guadalaxara, Segovia.

  • Taxa bruta de Madrid e Aragón?

Do 2 ao 5%.

  • E a de Cantabria?

Do 10 ao 20%.

S8.          

 

  • Refuxiado

Persoa que fuxiu do seu país, ao que non pode regresar debido a temor fundamentado na ameaza de persecución como consecuencia da súa raza, relixión, nacionalidade, ou por ser membro dun grupo social determinado ou por manter unha opinión política determinada.

  • Asilo

Práctica de protexer e amparar os individuos que por diferentes razóns deben abandonar o seu país. Así falamos de asilo humanitario (cando as persoas se ven obrigadas a fuxir por guerras, catástrofes naturais, ...) ou asilo político (cando as motivacións son políticas).

  • Retornado

Que volveu ao lugar ou á situación en que se estivo. Persoa que viviu no estranxeiro e regresa ao seu país de orixe.

  • Desprazado

Persoa obrigada a fuxir do seu fogar por algunha crise pero que, a diferenza dos refuxiados, permanece dentro das fronteiras do seu país de orixe.

  • Apátrida

Persoa que non é recoñecida como natural de ningún Estado e que carece de nacionalidade. Pode acontecer por terlla retirado o seu país de orixe ou por ter renunciado a ela, xeralmente por razóns políticas.

S9.    

 

 

  • ACNUR axuda a toda a poboación do mundo? A que porcentaxe?

Non. Asiste a case unha terceira parte do total de refuxiados.

  • En que ano se disparou o total da poboación?

2006.

  • Que razóns motivarían ese crecemento de desarraigados en 2006?

En realidade o crecemento débese a que ACNUR ampliou o seu papel á asistencia de persoas desprazadas no mundo. Aínda que o ano 2006 tamén houbo varias catástrofes humanitarias: as inundacións en Alxeria deixaron a 50.000 refuxiados saharauís sen fogar nos campamentos; Israel invade o Líbano; seguen os enfrontamentos en Gaza (palestinos-israelís). Posible catástrofe en Darfur, ... (Trátase de que o/a alumno/a localice conflitos existentes no ano 2006 e que xeran poboación desprazada).

 

      

S10.  

 Organismos ou entidade (asociación, fundación, corporación ou cooperativa) de carácter privado, con fins e obxectivos humanitarios e sociais definidos polos seus membros. É completamente independente dos gobernos.

S12.      

 

Contenda

Pelexa

Avinza

Hostilidade

Paz

Batalla

Loita

Harmonía

Querela

Desavinza

Discordia

Preito

Conciliación

Hostilidade

Liorta

Combate

Axitación

Orde

Enfrontamento

Concordia

Inimizade

Disputa

Campaña

Conflito

 

  • 17 sinónimos de guerra.

  • 7 sinónimos de paz.

  • Guerra: conflagración, eliminación, lea, refrega, agarra, agarrada, ...

  • Paz: armisticio, fomento, ...

S13.             

 

  • Gravado 2: Obra que lembra “Os Fusilamentos do tres de maio – 1814”. Fusilamento no que uns soldados franceses se dispoñen a executar a uns civís tras a invasión. Na escena aparecen uns civís indefensos e individualizados, fronte a unha “máquina de matar” sen rostro. Interprétase que a representación é un berro fronte á barbarie (indeterminada e amorfa), fálanos de como a razón se perde cando se usa e abusa da violencia.

  • Gravado 79: Unha figura feminina (segundo unhas interpretacións a Verdade, segundo outras a Constitución de Cádiz 1812) está deitada, morta, no chan entanto que un grupo a ve. Neste grupo destaca unha serie de cregos compracidos , que non saben moi ben se a mataron ou só se alegran da súa morte. Na parte dereita do gravado aparece a xustiza (cunha balanza) que é a única que chora esta perda.

  • Argumentos válidos para criticar calquera outro conflito armado ...? Si. Calquera conflito armado é un fracaso do diálogo e da razón humana.

S14.  

 

  • Máis castigado polos conflitos armados? Asia e Pacífico (1) e África subsahariana (2).

  • Á marxe de enfrontamentos Oceanía.

 

S15.             

  • Guerra de Sri Lanka.

  • Paquistanís contra talibán.

  • Guerra en Afganistán.

  • Ocupación de Iraq.

  • Crise do Chad.

  • Israel e os territorios ocupados de Palestina.

  • Colombia e as FARC.

  • Conflito de Chechenia.

S16.      

 

FAO Organización para a Agricultura e a Alimentación
ACNUR Oficina do Alto Comisionado para os Refuxiados
UNICEF Fondo para a Infancia
UNESCO Organización para a Educación, a Ciencia e a Cultura
UNNOSA Oficina para os asuntos do Espazo Ultraterrestre
CEPE Comisión Económica para Europa

S17.         

 

  • Con que adxectivo ...? Podería aplicárselle todos os adxectivos.

  • Que solucións propón...? Promover a educación, anular o armamento e as pelexas entre seres humanos, que as actuacións dos homes sexan de corazón non unha resposta violenta, procura do consenso social para o cambio.

  • Que pensa ...? Que está un pouco tolo, que non existe a profesión de pacificador e que sería mellor que fose enxeñeiro ou calquera outra profesión similar.

  • Cal é a clave para ...? Calquera cambio so é posible co consenso total de todos os cidadáns.

  • Hai paz no mundo?... Non. Si sería posible pero de difícil consecución. Os atrancos son: as desigualdades económicas e sociais; a intolerancia e o racismo; os egoísmos, as envexas; falta de políticas conxuntas dos estados; falta de compromiso, ...

S18.

 Trátase de analizar que o mundo está formado por un complexo sistema de relacións e interrelacións relixiosas, culturais, lingüísticas... Para traballalo disponse de ligazóns axeitadas na parte de apuntamentos.

S19.

 1. Corán. 2. Inuits. 3. Yanomamis; 4. Tuaregs. 5. Titicaca. 6. Pigmeos. 7. Cristiá. 8. Boomerang. 9. Xudea. 10. Hinduísmo. 11. Xitanos. 12. Gerks.

S20.

 

  • 1. O goberno de Kenya ten prohibida a práctica ancestral da ablación.

  • 2. Marigat é unha poboación ao oeste de Kenya, formada por tres tribos que aínda practican ablación do clítoris.

  • 3. ONG, autoridades sanitarias, asociacións de mulleres e igrexas locais están a realizar campañas preventivas.

  • 4. Métodos para cambiar estas prácticas: “rituais alternativos” ou microcréditos para as mulleres.

  • 5. Esta práctica afecta a tres millóns de nenas no mundo.

 

Os matrimonios de conveniencia son discriminatorios contra a muller ao non poder elixir o seu destino. Sendo nenas deben compartir as súas vidas con homes moi maiores, isto impide o seu acceso á educación e un serio perigo para a súa saúde.

 

S21.

 

  • Xenofobia Fobia = aversión. Prexuízo contra os estranxeiros, en xeral, contra os grupos étnicos diferentes ou contra persoas con aspecto físico, ou social, política, relixiosa ou culturalmente distintos.
  • Racismo Discriminación das persoas atendendo a súa pel ou outras características físicas das persoa

 

S22

 

Odio, represión, intolerancia, discriminación, asañamento, xenofobia, segregación, egoísmo, insolidariedade, marxinación, violencia, racismo

Tradicionalmente en España o grupo máis marxinado socialmente era o dos xitanos; na actualidade, o feito de que España se convertera en país receptor de inmigrantes ampliou o rexeitamento cara a outros grupos: sen papeis, emigrantes latinoamericanos ou asiáticos.... xerando problemas de racismo ou xenofobia.

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0