Saltar navegación

1.10 Etnocentrismo e discriminación

O etnocentrismo é un actitude na que se considera que a cultura propia é a única válida para valorar e analizar o mundo. Xeralmente trátase dunha posición de superioridade e rexeitamento cara a outras culturas, outras razas ou grupos étnicos.

Características e motivacións

Etnocentrismo é un termo que adoita ir emparellado co de xenofobia e o de discriminación; é dicir, o feito de facer distincións entre grupos culturais e/ou étnicos implica un acto de inxustiza que viola o dereito de igualdade de oportunidades.

Nos últimos anos escoitase falar de dous tipos de discriminación: positiva e negativa.

  • Discriminación positiva: cando se fan diferenzas entre grupos de individuos na resposta a problemas concretos ou a necesidades que precisan de solucións urxentes. Exemplo: lei de violencia contra as mulleres en España.

  • Discriminación negativa: cando exista un prexuízo por diferenzas ou consideracións subxectivas, en oposición ás observacións científicas. Exemplo: a idea de Hitler de que a raza aria era superior e de que o resto das razas deberían someterse a ela.

A discriminación tamén se pode clasificar polas súas motivacións:

  • Discriminación de sexo: é a idea de que un sexo é superior ao outro. Homes e mulleres debemos loitar pola igualdade de ambos os sexos. Esta loita pola igualdade debe concretarse nestes campos:

    • Dereitos humanos. Aínda que a lei iguala ambos os sexos, na práctica moitas mulleres non poden acceder á propiedade da terra, aos recursos financeiros, á educación nin ao emprego.

    • Traballo. Homes e mulleres traballan, pero no segundo caso desempeñan traballos máis invisibles. Os homes asumen os postos políticos polo que as mulleres son moitas veces esquecidas das súas políticas.

 

Actividades propostas

S21  Defina coas súas palabras os seguintes termos: xenofobia e racismo.

S22 Explique a frase: Cidadáns magrebís, xente de cor, emigrantes procedentes do leste de Europa, Latinoamérica ou Asia, acompañan o pobo xitano no sufrimento dunha cada vez maior discriminación e violencia na nosa sociedade”.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0