1.6.5 Políticas de inmigración e inmigración clandestina
Os gobernos establecen cotas de inmigrantes e leis de inmigración en que se definen o número e o tipo de persoas que teñen dereito a permanecer legalmente nun país, e como obter a nacionalidade. Aqueles que non cumprían con estes requisitos eran coñecidos, ata agora, como inmigrantes ilegais, mais na actualidade esta expresión é substituída por inmigrantes sen papeis. Calcúlase que anualmente máis de dous millóns de persoas cruzan ilegalmente as fronteiras de Australia, Canadá, os EEUU, Nova Zelandia e a UE.
Actividades propostas
S7 Reflexione sobre a evolución dos movementos migratorios en España nos últimos séculos. Faga unha liña do tempo (1800-2000) que reflicta o máis importante dos procesos migratorios da España contemporánea (1 cm = 10 anos).

-
Reflexione sobre os datos representados na gráfica.
-
Por que o ano 1853 é clave nos procesos migratorios españois?
-
Que é un indiano? (Busque nun dicionario ou en internet).
-
Desde finais do século XX e comezos do XXI España pasou de ser un país de emigrantes a selo de inmigrados. Cales son as características desa inmigración?
![]() |
|
-
Comunidades que tiveron a taxa de emigración máis elevada en 1910.
-
Cite cinco provincias que apenas sufriran a emigración.
-
Cal é a taxa bruta de Madrid e Aragón?
-
E a de Cantabria?
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0


